Mellorar a seguridade do paciente, reducir os falsos positivos e homoxeneizar a práctica clínica en todo o Sistema Nacional de Saúde coa última evidencia dispoñible. Eses son os obxectivos da nova edición da Guía de Práctica Clínica Enfermeira sobre Hemocultivos que acaba de editar o Instituto Español de Investigación Enfermeira do Consello Xeral de Enfermería (CGE).
A nova actualización da Guía de Práctica Clínica Enfermeira sobre Hemocultivos foi incorporada oficialmente ao proxecto GuíaSalud do Sistema Nacional de Saúde, o que garante a súa calidade metodolóxica e apoia a súa utilidade como ferramenta para a toma de decisións clínicas.
A versión 2025 desta guía integra novos contidos destinados a abordar avances tecnolóxicos, resolver dúbidas frecuentes da práctica clínica e reforzar a rigorosidade do procedemento. Entre as incorporacións máis relevantes atópanse os dispositivos de desviación de sangue, que permiten diminuír a contaminación das mostras cando están dispoñibles no centro, e a posibilidade de utilizar a extracción ecoguiada en pacientes con difícil acceso vascular (DIVA). Nestes casos, a guía establece con claridade a necesidade de empregar fundas e xel estériles, así como protocolos estritos de limpeza e desinfección do ecógrafo.
Publicada a RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental e se inicia o prazo para a elección de destino.
Ábrese un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telemáticamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.
As persoas aspirantes seleccionadas que tamén o sexan na mesma categoría no respectivo proceso de estabilización convocado polo sistema de concurso de méritos, no caso de que resulten adxudicatarios/as de destino en ambos os dous procesos, logo da publicación na páxina web do SERGAS do listado informativo de adxudicación de destinos, disporán dun prazo de cinco días hábiles para optar por unha desas dúas prazas.
No caso de non manifestar nada ao respecto no prazo indicado, entenderase que optan pola praza que deriva do proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Relación de aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición
Publicada a RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2025 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.
Coa adxudicación dos destinos que se indican no anexo desta resolución, declarase resolto definitivamente o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2025 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos, coa adxudicación dos destinos que se indican no anexo desta resolución.
As listas coas puntuacións e, de ser o caso, os destinos definitivos asignados en cada unha das categorías están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Ademais, o estado de cada solicitude pode consultalo o/a concursante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
De conformidade co previsto na base novena da referida Resolución do 20 de novembro de 2017, os/as concursantes que obteñan praza neste proceso, excepto na categoría de médico/a de familia de atención primaria, deberán cesar na que, de ser o caso, desempeñen, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución.
LISTADOS DO CONCURSO DE TRASLADOS
Acto polo 25N, DIA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, terá lugar o día 25 de novembro ás 13:00 horas, na praza de Santo Domingo ao carón da Árbore da Vida.
A IGUALDADA É O CAMIÑO
O COE de Lugo convoca os “Premios Científicos Muralla 2026″, data límite de presentación o 24 de abril de 2026.
OBXECTIVO: Fomentar a investigación e a participación dos colexiados en actividades científicas relacionadas coa profesión enfermeira. Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, non serán obxecto destes premios os traballos subvencionados por outras entidades científicas ou comerciais, nin teses doutorais presentadas a tal fin, nin traballos que previamente fosen premiados noutros certames.
“Estes Premios están subvencionados polo Consello Xeral de Enfermería dentro do programa de promoción da investigación enfermeira”
- CATEGORÍA CIENTÍFICA: premio a traballos de investigación
1º Premio de 1000 €
2º Premio de 750 € - ARTÍGO CIENTÍFICO: mellor artigoo científico publicado nunha revista relacionado coa profesión enfermeira.
Premio de 500 € - ACCÉSIT ALUMNOS: premio aos traballos presentados polos alumnos da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo.
1º- Premio de 500 €
2º- Premio de 500 €