O COE contratou un seguro de vida coa aseguradora A.M.A para os colexiados do Colexio de Enfermería de Lugo.
.
CAPITAL POR FALECEMENTO DA ASEGURADA/O: 5.000 €
- CONDICIÓNS DA ADHESIÓN
- Ámbito de aplicación: Colexio de Enfermería de Lugo. Ao ser un seguro colectivo o único requisito para adherirse é estar colexiado no Colexio de Enfermería de Lugo, non hai período de carencia inicial.
- Beneficiarios: por defecto serán os herdeiros legais. A colexiada/o poderá designar outro beneficiario notificándoo previamente á aseguradora A.M.A.
- Notificación: no caso de falecemento do colexiado, os beneficiarios deberán notificalo á aseguradora A.M.A (o Colexio tamén realizará dita notificación ao tramitar a baixa). Os herdeiros legais ou a persoa designada obterán dita prima, despois de presentar a documentación requirida pola aseguradora.
.
A cobertura finalizará:
– No momento no que se produza o falecemento do asegurado.
– No momento no que se produza a baja no colectivo.
- RISCOS EXCLUIDOS
Establécense as seguintes exclusións que en ningún caso serán obxecto de cobertura para a garantía de falecemento:
- As consecuencias da reacción ou radiación nuclear ou contaminación radioactiva ou química.
- Os conflitos armados, haxa ou non precedido declaración oficial de guerra.
- Os riscos cubertos polo Consorcio de Compensación de Seguros. Estes riscos extraordinarios quedarán amparados ás cláusulas fixadas polo Consorcio de Compensación de Seguros.