¿QUÉ TIPOS DE BAIXAS COLEXIAIS EXISTEN?
A PETICIÓN DO COLEXIADO
Poderase solicitar esta baixa sempre que non se estea a exercer a profesión de enfermaría no ámbito asistencial e se desexe desvincular do Colexio:
- Situación de desemprego.
- Excedencia.
- Traballo no extranxeiro.
- Cese do exercicio profesional.
- Anulación da dobre colexiación: indicarase a provincia onde se atopa a/o colegiada/o.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
- En situación de desemprego: deberá achegar copia do formulario de inscrición no INEM.
- Excedencia: deberá achegar copia do xustificante de excedencia.
- Traballo no estranxeiro: indicarase o país de destino.
- Por non exercer: achegarase o informe da vida laboral actualizado.
- Anulación de dobre colexiación: indicarase a provincia onde se atopa colexiado/a.
- Carné de colexiado/a do COE LUGO.
- Documento de solicitude asinado.
POR FALECEMENTO
Os familiares deben de achegar o certificado de defunción.
PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE BAIXA COLEXIAL
As solicitudes de baixa deberán formularse sempre por escrito, debidamente asinadas, a través de fax, correo postal ou correo electrónico.
Achegar a solicitude de baixa e enviar a: secretaria@enfermerialugo.org