
Publicada a RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2025 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.
Coa adxudicación dos destinos que se indican no anexo desta resolución, declarase resolto definitivamente o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2025 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos, coa adxudicación dos destinos que se indican no anexo desta resolución.
As listas coas puntuacións e, de ser o caso, os destinos definitivos asignados en cada unha das categorías están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Ademais, o estado de cada solicitude pode consultalo o/a concursante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
De conformidade co previsto na base novena da referida Resolución do 20 de novembro de 2017, os/as concursantes que obteñan praza neste proceso, excepto na categoría de médico/a de familia de atención primaria, deberán cesar na que, de ser o caso, desempeñen, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución.
LISTADOS DO CONCURSO DE TRASLADOS