
O Consello Xeral de Enfermaría (CGE), en colaboración con Boehringer Ingelheim, presenta a:
“II Incubadora de Ideas: Enfermidades pouco frecuentes e áreas prioritarias de saúde”
Este proxecto que repartirá tres bolsas para axudar a que as enfermeiras investigadoras realicen proxectos relacionados coa abordaxe de enfermidades pouco frecuentes e áreas prioritarias de saúde: de 7.500 €, 6.000 € e 5.000 €.
DATA DE PRESENTACIÓN: desde o 1 de outubro de 2026 ata o 15 de marzo de 2027
Esta convocatoria, centrada en enfermidades pouco frecuentes, busca dar visibilidade a estas patoloxías, así como animar ás enfermeiras interesadas na investigación para centrar os seus traballos na abordaxe deste tipo de enfermidades, moitas veces esquecidas.
Nesta edición poderanse presentar proxectos englobados en tres categorías:
- Enfermidades pulmonares intersticiais
- Enfermidades autoinmunes sistémicas
- Outras enfermidades pouco frecuentes.
Bases e presentación de traballos
Os proxectos presentados, para ser bolseiros, deben ter obrigatoriamente como investigadora principal a unha enfermeira ou enfermeiro colexiada en España. Aínda así, o equipo de traballo, sempre que estea liderado por enfermería, pode ter perfís multidisciplinares.
Deben ser entidades vinculadas ao ámbito sanitario, como sociedades científicas, fundacións, universidades, colexios profesionais ou institucións con carácter público ou privado as que presenten os proxectos. Estas institucións deben ter a súa residencia fiscal en España para poder presentar as investigacións.
A bolsa, alén da dotación económica, inclúe un acompañamento experto con asesoramento dun profesional da empresa Boehringer Ingelheim e dun enfermeiro experto designado polo CGE, co fin de facilitar o desenvolvemento e a posta en marcha da iniciativa.
Para acceder ás bases completas, na web do Consello Xeral de Enfermaría. Para resolver calquera dúbida sobre a convocatoria pódese contactar a través deste email: instituto@consejogeneralenfermeria.org