Buscar
Buscar

O COE de Lugo convoca: “Premios Científicos Muralla 2026” a traballos de investigación e artigo científico

18/11/2025

O COE de Lugo convoca os “Premios Científicos Muralla 2026″, data límite de presentación o 24 de abril de 2026.

BASES DA CONVOCATORIA

OBXECTIVO: Fomentar a investigación e a participación dos colexiados en actividades científicas relacionadas coa profesión enfermeira. Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, non serán obxecto destes premios os traballos subvencionados por outras entidades científicas ou comerciais, nin teses doutorais presentadas a tal fin, nin traballos que previamente fosen premiados noutros certames.

“Estes Premios están subvencionados polo Consello Xeral de Enfermería dentro do programa de promoción da investigación enfermeira”

  • CATEGORÍA CIENTÍFICA: premio a traballos de investigación
    1º Premio de 1000 €
    2º Premio de 750 €
  • ARTÍGO CIENTÍFICO: mellor artigoo científico publicado nunha revista relacionado coa profesión enfermeira.
    Premio de 500 €
  • ACCÉSIT ALUMNOS: premio aos traballos presentados polos alumnos da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo.
    1º- Premio de 500 €
    2º- Premio de 500 €

 

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo