Comisión de Deontoloxía: guía de actuación profesional
Os profesionais integrados no Colexio profesional deben ter como guía da súa actuación o servizo á comunidade e o cumprimento das obrigacións deontolóxicas da profesión, debendo os colexios velar polo cumprimento das referidas normas.
A existencia da Comisión de Deontoloxía (CD) de Enfermaría cumpre coas finalidades que recoñece a Lei de Colexios Profesionais ás organizacións colexiais sobre a ordenación da actividade profesional, baseadas en principios científicos, humanísticos e éticos, fundamentados no respecto á vida e á dignidade humana, o cumprimento do código deontolóxico que rexe a profesión enfermeira, o respecto aos dereitos, valores e autonomía dos profesionais, dos particulares e o exercicio da función disciplinaria na orde profesional e colexial.
A Comisión de Deontoloxía é un órgano consultivo do Colexio Oficial de Enfermería de Lugo en materia de disciplina profesional, que exerce as súas funcións a pedimento da Xunta de Goberno, con independencia e autonomía propia. O seu ámbito de competencia é servir de apoio, estudo, consulta, coordinación e asesoramento no ámbito provincial dos asuntos relacionados co exercicio da profesión de Enfermería.
FUNCIÓNS
- Dar resposta ás consultas relativas á praxe profesional que se lle expoñan tanto a nivel individual como institucional.
- Promover a formación en materia de deontología profesional a súa aplicación na práctica diaria aos profesionais que traballan na provincia de Lugo.
- Dar a coñecer os principios e normas deontolóxicas que rexen a relación da profesión Enfermeira cos pacientes e a cidadanía.
- Resolver expedientes disciplinarios abertos seguindo o establecido no Réxime Deontolóxico que nos rexe. Impulsando se fose preciso, o procedemento legalmente establecido en todas aquelas dilixencias de investigación que sexan precisas para esclarecer as circunstancias do asunto.
- Finalizada a instrución, a Comisión Deontolóxica eleva a súa Proposta de Resolución á Xunta de Goberno, que ten atribuída a competencia para ditar a resolución que poña fin ao procedemento. A resolución será sempre motivada e basearase nas probas e alegacións obrantes no expediente instruído.
COMPOSICIÓN
- PRESIDENTA: Isabel Vila Iglesias
- SECRETARIA: Candelaria Fraga González
- VOGAL: Lucía Balea Vázquez
- VOGAL: Encarnación Pérez Belón
- VOGAL: María Jesús Fuentes Castineira
- VOGAL: Lourdes Bermello López
Foto de esquerda a dereita: Lucía Balea, Encarnación Pérez, Isabel Vila, Mª Jesús Fuente, Candelaria Fraga, Lourdes Bermello