- ADMINISTRATIVA
As reclamacións ou queixas do consumidor ou usuario pola vía administrativa levarán a cabo mediante un escrito dirixido ao órgano administrativo competente na materia obxecto de reclamación. Este escrito pode ser elaborado polo propio reclamante – escrito de reclamación ad hoc – ou normalizado, a través dunha folla de reclamacións.
- EXTRAXUDICIAL
Pódese considerar a máis cómoda, rápida e – en ocasións – económica. Trátase de establecer contacto coa persoa ou institución que deba facerse responsable do pago da posible indemnización. Ao utilizar esta vía debemos ser conscientes do que se está levando a cabo, que non é outra cousa que unha negociación, desde unha posición equitativa e razoable de ambas as partes, para conseguir un intento de acordo.
- XUDICIAL
Implica o fracaso da vía extraxudicial. Cando non se chega a un acordo, o mellor é acudir ao auxilio dos tribunais por medio de denuncia ou demanda. Este camiño é máis ingrato e prolongado que o anterior, aínda que o que principalmente debe ser considerado é o posible custo económico que supoñería de levarse a cabo.