Buscar
Buscar

A Asociación de Especialistas en Enfermaría do Traballo de Galicia organiza a VII Xornada

15/10/2026
A Asociación de Especialistas en Enfermaría do Traballo de Galicia (AETGA) organizan a:
VII Xornada de Actualización en Enfermaría do Traballo
Liderando a vangarda en saúde laboral: ciencia, industria e prevención
O evento celebrarase o vindeiro 21 de novembro de 2026 en Ferrol e estruturará o seu programa nos seguintes bloques destacados:
  • Programa científico (mañá – Campus de Esteiro): Abordará temas clave de vangarda, como o liderado nos servizos de prevención propios, a ergonomía e os trastornos musculoesqueléticos (TME), o uso de Big Data e da intelixencia artificial en modelos preditivos de saúde e os riscos hixiénicos (amianto, radon e nanomateriais).
  • Visita técnica a Navantia (tarde): Unha experiencia práctica e inmersiva para coñecer de primeira man a xestión da saúde laboral nun contorno industrial de referencia.
  • Certame de comunicacións científicas e premios: Espazo dedicado á presentación de pósteres (prazo aberto ata o 1 de novembro).
  • Tarifa reducida ata o 20/10/2026
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo