Buscar
Buscar

I convocatoria de axudas para proxectos sociais a través de Solidariedade Enfermeira

12/10/2026

O Consello Xeral de Enfermería e a súa ONG, Solidariedade Enfermeira lanzan a “I convocatoria de axudas para proxectos sociais”, unha iniciativa que ten como obxectivo visibilizar e apoiar economicamente proxectos sociais impulsados por enfermeiras.

Cunha partida de 30.000 euros, a convocatoria financiará tres proxectos, que poden solicitar ata 10.000 euros por proposta.

Prazo da solicitude: ata o 30 de novembro de 2026

Obxectivos dos proxectos presentados

  • Estar orientados a colectivos en situación de vulnerabilidade social: persoas en risco ou situación de exclusión social, persoas sen fogar, migrantes, infancia en risco, persoas en soidade, poboación rural desfavorecida, mulleres vítimas de violencia, persoas privadas de liberdade, entre outros.
  • Enmarcados nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), a Axenda 2030, e os Dereitos Humanos.
  • Ter un enfoque de promoción da saúde, prevención de enfermidades, educación sanitaria, educación para o desenvolvemento, acompañamento comunitario ou mellora do acceso a servizos sanitarios (sen que implique en ningún caso substituír ao sistema sanitario ou prestar a atención)
  • Ser viables técnica e economicamente, cunha duración máxima de 12 meses, prorrogables ata 6 meses previa xustificación e autorización.

Bases e documentación da convocatoria 2026

FORMILARIO DA SOLICITUDE

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo