Buscar
Buscar

Blog/Noticias

05/10/2026

O Consello Xeral de Enfermaría (CGE), en colaboración con Boehringer Ingelheim, presenta a:

“II Incubadora de Ideas: Enfermidades pouco frecuentes e áreas prioritarias de saúde”

Este proxecto que repartirá tres bolsas para axudar a que as enfermeiras investigadoras realicen proxectos relacionados coa abordaxe de enfermidades pouco frecuentes e áreas prioritarias de saúde: de 7.500 €, 6.000 € e 5.000 €.

DATA DE PRESENTACIÓN: desde o 1 de outubro de 2026 ata o 15 de marzo de 2027

Esta convocatoria, centrada en enfermidades pouco frecuentes, busca dar visibilidade a estas patoloxías, así como animar ás enfermeiras interesadas na investigación para centrar os seus traballos na abordaxe deste tipo de enfermidades, moitas veces esquecidas.

Nesta edición poderanse presentar proxectos englobados en tres categorías:

  • Enfermidades pulmonares intersticiais
  • Enfermidades autoinmunes sistémicas
  • Outras enfermidades pouco frecuentes.

Bases e presentación de traballos

Os proxectos presentados, para ser bolseiros, deben ter obrigatoriamente como investigadora principal a unha enfermeira ou enfermeiro colexiada en España. Aínda así, o equipo de traballo, sempre que estea liderado por enfermería, pode ter perfís multidisciplinares.

Deben ser entidades vinculadas ao ámbito sanitario, como sociedades científicas, fundacións, universidades, colexios profesionais ou institucións con carácter público ou privado as que presenten os proxectos. Estas institucións deben ter a súa residencia fiscal en España para poder presentar as investigacións.

A bolsa, alén da dotación económica, inclúe un acompañamento experto con asesoramento dun profesional da empresa Boehringer Ingelheim e dun enfermeiro experto designado polo CGE, co fin de facilitar o desenvolvemento e a posta en marcha da iniciativa.

Para acceder ás bases completas, na web do Consello Xeral de Enfermaría. Para resolver calquera dúbida sobre a convocatoria pódese contactar a través deste email: instituto@consejogeneralenfermeria.org

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
24/09/2026

A Sociedade Galega de Calidade Asistencia (SOGALCA) celebra en Vigo o encontro de referencia en Galicia para profesionais comprometidos coa mellora continua da calidade e a seguridade asistencial.

XII Congreso da Sociedade Galega de Calidade Asistencial

Innovación en calidade, experiencias que transforma

  • Data: 27 de novembro de 2026
  • Lugar: Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo)
  • 📢 Recepción de comunicacións: ata o 20 de outubro de 2026 
  • INSCRICIÓN

MÁIS INFORMACIÓN E PROGRAMA

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
23/09/2026

Publicado o número da revista ENFERMEIR@S Nº 46, indexada nas bases de datos CUIDEN e CINAHL (distribuída por EBSCO). 

A Revista Enfermeir@s (ISSN: 1888-4830; e-ISSN: 3045-5812), editada polo Ilustre Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, é unha publicación en acceso aberto gratuíto que ten como obxectivo principal a difusión da produción científica en enfermaría nas catro competencias ás que alude o título. Enfermeir@s acepta manuscritos en castelán, galego e inglés e conta cun sistema estable de revisión por pares.

Na páxina do Colexio www.enfermerialugo.org dispós de información sobre a publicación, entra en PUBLICACIÓNS → REVISTAS e poderás acceder ás revistas e a información para publicar.

Aproveitamos a ocasión para pedirche a túa participación enviando os teus artigos: ENIVAR UN ARTIGO

Esta Revista está subvencionada polo Consello Xeral de Enfermaría dentro do programa de promoción da investigación enfermeira.

ACCEDE A REVISTA ENFERMEIR@S

Se ainda non estás rexistrada, podes facelo rápidamente na pestana REXISTARSE (na parte superior dereita)

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
21/09/2026

Este ano a XLVIII Semana do Cine de Lugo, do 21 ao 26 de setembro. No seu programa de actividades o venres, 25 de setembro, dedícase xénero e sociedade, coa participación do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo e a Academia de Enfermaría de Galicia.

PROGRAMA

Venres, 25 de setembro de 2026

Lugar: Deputación Provincial

  • 20:00 h. Proxección do filme: En camino a Leo. Cuando termina el miedo, el amor comienza.
    Dirección: Ana Bárcenas Torres.
    Mexico 2025.   

Leo, un mozo estudante de Artes Plásticas, inicia a súa transición de xénero cara a unha identidade masculina aos 17 anos. A súa nai, Ana, enfróntase aos seus propios medos e prexuízos sobre o xénero. Ao principio oponse, convencida de que só existe o sexo biolóxico, pero ante a firmeza do seu fillo, vese obrigada a afrontar a orixe dos seus medos. Nunha viaxe emocional pola maternidade e os vídeos caseiros que gravou durante anos, Ana consegue acompañar o seu fillo na inminente cirurxía.

  • 21:30 h. Mesa redonda 

Moderador:Isidoro Rodríguez Pérez (enfermeiro, humanista. Presidente da Academia de Enfermaría de Galicia (AEG)

Interveñen:

  1. Mario Alberto Rivas Carro , enfermeiro, psicólogo. Académico correspondente da AEG.
  2. Nicolás Vera Arencibia da Asociación de familias de menores e mocidade trans de Galicia. Arelas
  3. Alejandro Tripiana González, Enfermeiro residente de Pediatría no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
21/09/2026

A Academia de Enfermaría de Galicia convoca as bases da:

I EDICIÓN DOS PREMIOS DE INVESTIGACIÓN EN ENFERMARÍA 2026 

Esta primeira convocatoria nace co firme obxectivo de estimular a produción científica de calidade, recoñecer traballos de investigación orixinais e inéditos, e contribuír de xeito ao desenvolvemento disciplinar e á excelencia da enfermaría na nosa comunidade.

PRAZO PRESENTACIÓN: aberto ata o 15 de novembro de 2026 ás 23:59 horas.

  • DESTINATARIOS: enfermeiras/os que desempeñen a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • DOTACIÓN ECONÓMICA: un total de 4.000€ en premios. Distribuídos nun primeiro premio de 3.000€ e segundo premio de 1.000€.
  • REQUISITOS DOS TRABALLOS: deben ser investigacións orixinais, inéditas e de excelente calidade científica, con relevancia para a disciplina enfermeira e impacto na práctica clínica ou na saúde comunitaria.
  • CANLE ENVÍO: os traballos remitiranse por correo electrónico ao enderezo: secretaria@academiaenfermariagalicia.org

Ver BASES

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo