Buscar
Buscar

Convocatoria para cubrir un posto de Enfermeira no CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo

22/10/2026

A Dirección Territorial de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, comunica a apertura do proceso de selección para cubrir un posto de traballo de ENFERMEIRA/O a xornada completa nas AULAS DE EE de Lugo, especificamente no CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo.

Detalles do posto:

  • Xornada completa: De 8:00 a 15:30 h (total de 7,30 horas ao día).
  • Selección: Terá lugar o 23 de outubro de 2026 ás 13:00 h nas oficinas do Departamento Territorial, situadas na Ronda Muralla 70 – 2º andar, sala xuntas de Educación. Non será necesario que os aspirantes acudan ao acto de selección, xa que haberá un representante sindical presente.
  • Código de posto EDC994010127001203

Documentación necesaria: Os aspirantes deberán presentar, no rexistro da Xunta de Galicia ou nos Concellos, a sede electrónica, ata o 23 de outubro de 2026 ás 12:00 h, copia electrónica auténtica de toda a documentación que acredite os méritos (DNI, titulación, cursos, contratos, coñecemento da lingua galega, etc.), de acordo co anexo III do V convenio colectivo único da Xunta de Galicia.

Dirixir a documentación a: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento territorial de Lugo

Requisitos:

  • Titulación requirida: Graduado en enfermaría.
  • Coñecemento da lingua galega: Celga 4 ou equivalente. Para postos sanitarios, admitirase sen celga en caso de non existir candidatos con celga, de acordo coa disp. Adic segunda da Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

VER CONVOCATORIA

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo