Buscar
Buscar

Blog/Noticias

31/10/2025

O Colexio de Enfermaría de Lugo xunto co Grupo ACEESE organiza o:

“ENCONTRO INTERPROVINCIAL DO NORTE: O presente e o futuro da Enfermaría Escolar en España”

  • DATA: 12 de novembro
  • LUGAR: Salón e Actos Hospital Universitario Lucus Augusti
  • HORARIO: 16:00 a 20:00 horas
  • INSCRICIÓN: ata o 07 de novembro a través do código QR impreso no programa que adxuntamos.

O encontro ten como obxetivo ofrecer un espazo de reflexión e actualización sobre a enfermaría escolar nacional, promovendo o intercambio de experiencias, fortalecendo as redes profesionais e o debate sobre os desfíos actuais e futuros da nosa profesión.

PROGRAMA

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
31/10/2025

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2025 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as por categoría, as puntuacións provisionais desagregadas por epígrafe do baremo e os destinos provisionais, se é o caso, asignados, están publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

O estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a concursante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

As/os concursantes admitidas/os disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para formular reclamación contra os resultados da baremación e adxudicación provisionais.

DOGnº 205

LISTADOS

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
31/10/2025

O comité organizador convida a todas/os as/os profesionais de enfermaría a participar na:

II REUNIÓN DE CARDIOENFERMERÍA 

DA ÁREA SANITARIA LUGO-A MARIÑA- MONFORTE DE LEMOS
  • DATA: 25 de novembro de 2025
  • LUGAR: Salón de Actos HULA
  • HORARIO: 15:30 a 21:00 horas
  • DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 07 de novembro a través de Intranet HULA / Comunidade de Docencia e Formación, acciós formativas – formularios de inscrición

O encontro ten como obxetivo formentar o intercambio de experiencias, a actualización de coñecementos e a posta en valor do papel esencial da enfermaría nos coidados cardiovasculares. O longo da xornada abordaranse temas de interese na cardioloxía clínica, insuficiencia cardíaca e intervencionismo, coa participación de profesionais de recoñecido prestixio do ámbito hospitalario e de atención primaria.

Ver CARTEL

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
11/10/2025

O vindeiro 23 de outubro de 2025 ás 18:30 h terá lugar na Facultade de Ciencias de Lugo a conferencia titulada:

“Alteracións metabólicas, factores xenéticos e medioambientais implicados no desenvolvemento da obesidade infantil. Estratexias para o seu tratamento”

A sesión será impartida polo Prof. Ángel Gil Hernández, catedrático e profesor emérito do Departamento de Bioquímica y Biología Molecular de la Universidad de Granada e presidente de honra da Fundación Iberoamericana de Nutrición (FINUT).

O Prof. Gil é unha das figuras máis destacadas a nivel internacional no ámbito da nutrición e da obesidade infantil. Conta con máis de 820 publicacións científicas, 18 patentes, 60 teses doutorais dirixidas e unha longa traxectoria en proxectos europeos e internacionais.

O seu Tratado de Nutrición é obra de referencia en todos os países de fala hispana. Entre outros recoñecementos, recibiu o Premio Gregorio Marañón da Real Academia de Gastronomía (2017) e o Premio ESPEN “Sir David Cuthbertson Lecture Award” (2021).

  • Data: 23 de outubro de 2025, ás 18:30 h
  • Lugar: Facultade de Ciencias de Lugo, Rúa Afonso X O Sabio, s/n, 27002 Lugo
  • Entrada libre ata completar capacidade

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
10/10/2025
O Consello Xeral de Enfermaría e o Colexio de Enfermaría de Lugo ofrecémosvos o Webinar:
“Vacinación en pacientes inmunodeprimidos”
  • Modalidade: Online síncrona
  • Fecha: 14 de outubro de 2025
  • Hora: 16:00 a 18:00 horas
  • GRATUITO
A vacinación dos pacientes inmunodeprimidos é fundamental para protexer a súa saúde e mellorar a súa calidade de vida. Con todo, a vacinación neste grupo require dun enfoque personalizado, adaptado ás condicións clínicas de cada paciente. Neste proceso, o rol da enfermeira especialista é clave, xa que achega coñecementos específicos, un seguimento próximo e unha visión integral do coidado.
INTERVEÑEN

A importancia da vacinación no paciente inmunocomprometido.
D.ª María Fernández de Prada. Médico Especialista. Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública. Hospital Vital Álvarez-Buylla. Asturias.

O papel da vacinación da enfermeira especialista.
D.ª Raquel Vadillo de SantosEnfermeira do Servizo de Oncoloxía. Hospital Universitario Rey Juan Carlos. Madrid.

D.ª Patricia García Casado.Enfermeira de Reumatoloxía. Hospital Universitario Ramón e Cajal. Madrid.

D.ª María José Menor Rodríguez.Enfermeira experta en Diabetes. Presidenta do Colexio de Enfermería de Ourense

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo