- ASESORÍA XURÍDICA
As/os colexiadas/os dispoñerán dun servizo, co fin de garantir todo o asesoramento que precisen no exercicio da súa actividade profesional dándolles deste xeito a seguridade xurídica e laboral necesaria vinculada ao exercicio das funcións que lle son propias.
Coberturas:
- Asesoramento integral extraxudicial e xudicial, elaboración de todo tipo de escritos e documentos, tramitación de procedementos administrativos e xudiciais en todas as ordes xurisdicionais (administrativo, laboral e penal) sobre calquera problema ou cuestión relacionado co exercicio da profesión.
- Asesoramento extraxudicial sobre calquera problema ou cuestión NO RELACIONADA co exercicio da profesión, ata un máximo de tres consultas por colexiada/o e por ano.
-A solicitude da CITA PREVIA POR CONSULTAS PROFESIONAIS, farase sempre chamando ao Colexio de Lugo para poder realizar o rexistro e xestión da consulta. O COE cubrirá os gastos de avogada da defensa e procurador do colexiado durante o proceso xudicial (unicamente se a cuestión está relacionada co exercicio profesional e é de interés profesional), en ningún caso cubrirá os gastos producidos (en caso de perda) por imposición de costas, se as houbese, esta parte correrá a cargo do colexiado.
Prégase non chamar directamente á avogada para pedir cita ou preguntar polo proceso, en caso de dúbida ou para pedir cita ponerse en contacto sempre co Colexio.
– No caso das consultas NON RELACIONADAS CO EXERCICIO PROFESIONAL, a/o colexiada/o poñeranse directamente en contacto co bufete de avogados (García Avogados), para preservar a confidencialidade da consulta.
– O Colexio non cubrirá os gastos, nin asumirá a defensa presencial de avogado e procurador fóra da provincia de Lugo.
.
DIRECCIÓN: GARCÍA ABOGADOS (Pilar García)
Plaza Maior 31, 1ºD, Lugo
Email: pilargarcia@garciaabogados.eu
- ASESORÍA CIENTÍFICA
Se queres realizar un artigo ou traballo científico e necesitas axuda ou asesoramento diríxete a: cientifica@enfermerialugo.org
- ASESORÍA DE COMUNICACIÓN
Se queres que se publique algunha nova nos medios de comunicación ou a través dos canais de información do Colexio (páxina web, correo electrónico, redes sociais) de interese profesional, manda a túa nova a: comunicacion@enfermerialugo.org