SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL
Mediante este seguro, o Colexio de Enfermaría de Lugo apoian aos colexiados ante as posibles reclamacións que se lles formulen por responsabilidade civil profesional. Igualmente ponse a dispor dos colexiados implicados en sinistros amparados por medio de póliza polo risco profesional, a posibilidade de “Contra demanda/ Reclamación a Contrarios” como consecuencia dunha reclamación desestimada íntegramente por resolución xudicial firme que acredite a existencia de mala fe ou temeridade por parte do reclamante.
PROCEDEMENTO A SEGUIR ANTE POSIBLES RECLAMACIÓNS
PASOS QUE DEBE SEGUIR A/O COLEXIADA/O
- Primeiro: a/o colexiada/o deberá comunicar inmediatamente ao Colexio de Lugo o á oficina de AMA en Lugo a reclamación de que fose obxecto, ben xudicial (demanda, querela ou denuncia) ou extraxudicial. A comunicación fóra de prazo da devandita reclamación poderá supoñer que a póliza non cubra o sinistro (se coincide en festivo ou fin de semana espérase ao primeiro día hábil).
Teléfono Colexio de Lugo: 982242450, 699681830
Teléfono A.M.A: 928252107
- Segundo: a/o colexiada/o cumprimentará no Colexio ou en AMA o formulario de comunicación de Sinistro de Responsabilidade Civil Profesional ou Penal establecido para ese efecto, para que este sexa remitido ao gabinete xurídico. Será necesario cumprimentar todos os datos solicitados (estes datos son confidenciais).
- Terceiro: a/o colexiada/o non deberá declarar nunca sen avogado, nin asinar ningún documento.
- Cuarto: de acordo con o establecido na póliza, para a efectividade da cobertura prevista será imprescindible acreditar que o profesional afectado atópase colexiado e ao corrente no pago das cotas.