O Colexio de Enfermaría presenta a oferta formativa do ano 2026. Todos os cursos son gratuitos ou finaciados para as/os colexiadas/os e acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde.
A inscrición ós cursos poderase realizar a través da páxina web do Colexio de Enfermaría (www.enfermerialugo.org) dende o apartado de formación/cursos seleccionando dunha soa vez os cursos ós que queres inscribirte ou chamando ó 982 24 24 50.
IMPORTANTE
-Segundo as normas de inscrición que podes atopar na páxina web aquelas/es colexiadas/os que resulten admitidas/os en calquera dos cursos e que sin causa xustificada non realicen, asistan ou finalicen un curso, serán penalizadas/os sin ser admitidas/os en novas formacións durante o período un ano.
-Refléxanse no pdf os cursos nos que terán preferencia de admisión as distintas especialidades e será necesario marcalo no formulario de inscrición ou cando se chame o colexio.
RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2025, conxunta da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, pola que se convoca o Plan de formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.
O Plan formativo para o ano 2026 contará con 539 actividades:
- Cursos Presenciais
- Cursos Teleformación
- Cursos Autoformación
As persoas que desexen participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución deberán cubrir o formulario de preinscrición telemática na páxina web da ACIS (https://acis.sergas.gal).
O prazo de inscrición é a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata un mes antes do inicio de cada actividade formativa.
- Modalidade: En liña síncrona
- Fecha: 26 de xaneiro ao 27 de febreiro de 2026
- Hora: 2oh
- GRATUÍTO
- CRÉDITOS FORMACIÓN CONTINUADA: Non
Publicada a RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición nas categorías:
- Enfermeiro/a
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria
- Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a)
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo
A relación provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega poderá examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
As persoas aspirantes excluídas e as declaradas non exentas da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen enmendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión e/ou a declaración de non exento/a da realización de tal exercicio, mediante un escrito dirixido á mesma unidade de validación a que se dirixiu a instancia de participación, que deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos dispoñibles do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de participación no proceso, non consten na relación publicada.
RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).
Nº Prazas: 7 (acceso libre=4, promoción interna=2 e reserva discapacidade= 1)
Prazo de inscrición: un mes desde o día seguinte ao publicación da convocatoria no DOG.
Formulario de inscrición: cubrir unha única solicitude do modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE), instrucións no anexo VI, e que, deberán imprimir, asinar e presentar nos lugares e prazo indicados nos puntos 5.2 e 5.3, respectivamente.
Taxas: 38,02€
Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación como o sinalado no anexo VII. Tal impreso, así como os códigos para a súa formalización, seranlles facilitados ás persoas interesadas nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do SERGAS e estarán na web do SERGAS, no punto de Emprego público.
O/a solicitante poderá facer o pagamento da taxa a través de Fides/expedient-e. Unha vez confirmada a solicitude de inscrición, na pestana de procesos, xerarase ao seu carón a icona dunha tarxeta (un enlace directo ao sistema de pagamento electrónico de taxas da Consellería de Facenda e Administración Pública). Ao clicar nela cargaranse de forma automática os códigos da taxa e o importe, segundo a categoría de inscrición e, ao completar o pagamento, xerarase o xustificante de ter aboado a taxa (modelo 730), que xa quedará indexado ao carón da solicitude. Neste suposto, non será necesaria a presentación do xustificante de ter aboada a correspondente taxa xunto coa solicitude.