
Publicada a RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental e se inicia o prazo para a elección de destino.
Ábrese un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telemáticamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.
As persoas aspirantes seleccionadas que tamén o sexan na mesma categoría no respectivo proceso de estabilización convocado polo sistema de concurso de méritos, no caso de que resulten adxudicatarios/as de destino en ambos os dous procesos, logo da publicación na páxina web do SERGAS do listado informativo de adxudicación de destinos, disporán dun prazo de cinco días hábiles para optar por unha desas dúas prazas.
No caso de non manifestar nada ao respecto no prazo indicado, entenderase que optan pola praza que deriva do proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Relación de aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición