- LUGO: 18 de decembro a partir de las 17:00h na “Discoteca Exágono” (Enfrente de Hotel Santiago).
- MONFORTE DE LEMOS: 16 de decembro a partir das 17:30h no “Kanguro Park”.
- BURELA: 16 de decembro a partir das 17:00h no “Activity Center”.
- So poderán participar as/os colexiados do COE de Lugo.
- IMPORTANTE: Non se farán inscriciós posteriores a data límite.
- Esta actividade é para fillas/os, sobriños/as ou netas/os de colexiadas/os. So unha das opción por colexiada/o.
- Límite de idade: 12 anos.
- Os agasallos entregaranse únicamente na Festa, non se reservarán senon se acude. Unha vez rematada a Festa os agasallos sobrantes serán recollidos pola tenda.
Dende a Asociación para la Lucha contra las Enfermedades del Riñón de Lugo – ALCER LUGO infórmannos da celebración da:
XVIII XORNADA RENAL
Diálise na casa: Técnicas e mellora do estado de ánimo
- DATA: 16 de novembro
- HORARIO: 10:00 a 14:00 horas
- LUGAR: Salón de Actos do Hospital Universitario Lucus Augusti
Para inscribirte debes contactar coa asociación no teléfono 619 60 97 97 ou enviando un correo electrónico a alcerlugo@gmail.com
O Consello Xeral de Enfermaría (CGE), en colaboración con Boehringer Ingelheim, presenta a:
“I Incubadora de Ideas: Enfermidades pouco frecuentes”
Este proxecto que repartirá tres bolsas para axudar a que as enfermeiras investigadoras realicen proxectos relacionados coa abordaxe de enfermidades pouco frecuentes: de 7.500 €, 6.000 € e 5.000 €.
DATA DE PRESENTACIÓN: desde o 20 de outubro de 2025 ata o 22 de febreiro de 2026
O certame vai dirixido a enfermeiras ou grupos multidisciplinares liderados por estas profesionais para que visibilicen ideas, iniciativas ou experiencias en relación coas enfermidades pouco frecuentes.
As axudas poñen o foco en dous campos concretos: outorgaranse dúas axudas a proxectos centrados na enfermidade pulmonar minoritaria (con foco en Enfermidades Pulmonares Intersticiales), mentres que outra das contías concederase a un proxecto orientado, de forma máis xeral, nas patoloxías pouco frecuentes. Así mesmo, búscase dar visibilidade ás enfermeiras de Pneumoloxía e Reumatoloxía, que poden ter roles diferenciadores dentro deste tipo de proxectos.
Bases e presentación de traballos
Os interesados deben presentar unha memoria, xunto ao resto de documentación pertinente, e os traballos deben ser inéditos e non recibir outro prezo, galardón ou financiamento total.
Deberán ser sociedades científicas, fundacións, colexios profesionais ou calquera tipo de entidade de ámbito sanitario o que presenten proxectos cuxo investigador ou investigadores principais sexan enfermeiros/as colexiados en calquera dos Colexios Oficiais do territorio nacional.
Os interesados poden mandar a súa proposta ao correo electrónico instituto@consejogeneralenfermeria.org antes das 00.00 horas do 22 de febreiro de 2026, data de peche do certame, e indicando no asunto “Incubadora de ideas enfermidades pouco frecuentes”, patrocinado por Boehringer Ingelheim España, S.A.
Consulta as bases e documentos da solicitude e memoria
A Asociación de Especialistas en Enfermería del Trabajo de Galicia (AETGA) e a Asociación de Especialistas de Enfemería del Trabajo (AET) organizan as:
VI Xornadas de Actualización en Enfermaría do Traballo
“Coidando profesionais, unindo persoas”
- DATA: 22 de novembro de 2025
- LUGAR: Hotel Attica 21 Vigo (Avda. Samil, 15 3621 Vigo – Pontevedra)
- INSCRICIÓN: ata o 12 de novembro na web www.enfermeriadeltrabajo.com
Estas xornadas representan un espazo único de encontro, actualización e colaboración para profesinais de Enfermaría do Traballo de toda España.
O Comité de Ética Asistencial Área Sanitaria de Lugo – A Mariña – Monforte de Lemos organiza o espazo de diálogo:
“LONXEVIDADE E ÉTICA DO COIDADO NO SÉCULO XXI”
- DATA: 06 de Novembro de 2025
- HORA: 17:30
- LUGAR: Deputación de Lugo
- ENTRADA GRATUÍTA
Un espazo de encontro aberto e participativo no que se contará ca presenza de representantes do eido asociativo e sociosanitario. A lonxevidade no século XXI invítanos a reflexionar sobre a ética do coidado, como nos relacionamos cos nosos maiores e como afrontar os retos de futuro que se nos plantexan.