O SERGAS publica no Diario Oficial de Galicia a resolución do 26 de decembro de 2024, conxunta da Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se determina o procedemento para a obtención pola VÍA EXCEPCIONAL do Diploma de Acreditación na Área Funcional de Paliativos na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Dirixido os colectivos peofesionais de: enfermaría, medicina, , psicoloxía clínica, psicoloxía xeral sanitaria e fisioterapia que exerzan a súa actividade en Galicia, con independencia do carácter público ou privado dos seus centros de traballo
REQUISITOS (Anexo II do DOG)
1- Acreditar un mínimo de 4 anos de práctica profesional a tempo completo durante os últimos 10 anos.
2- Título de mestrado ou experto universitario en coidados paliativos.
SOLICITUDE (Anexo I do DOG)
- PRAZO: do 9 de xaneiro ata o 9 de xullo de 2025 (as solicitudes, pola vía excepcional, poderán presentarse, de forma única e igualmente excepcional, durante os 6 meses a partir do día seguinte da publicación no DOG.
- A través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección outros méritos/acreditación áreas funcionais)
INFORMACIÓN SOBRE O PRAZO E MODO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO PARA A AMPLIACIÓN DA LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL DE ATS/DUE (Convocatoria e Bases Específicas BOP núm. 301, do 31.12.2024)
O pasado 31.12.2024 publicáronse as bases para a ampliación da listaxe de emprego na categoría de enfermeira/o na Deputación Provincial de Lugo, xa que esta entidade xestiona Centros de Atención a Maiores en diversos concellos da provincia.
Prazo presentación da solicitud: ata as 23:59 horas do 10 de xaneiro de 2025
MAIS INFORMACIÓN: https://deputacionlugo.gal/temas/rechumanos/selecciontemporal/ATS_2
DOCUMENTACIÓN ACOMPAÑAR Á SOLICITUDE (Base xeral 5.4)
- Titulación académica oficial: Graduado ou Diplomado en Enfermería.
- DNI, pasaporte, tarxeta de residencia, así como calquera outro documento acreditativo de nacionalidade co alcance do establecido no artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do estatuto básico do empregado público.
- Nivel de galego esixido na base específica 5 (Celga 4), no suposto de non acreditalo deberase realizar, de selo caso, a proba establecida na base xeral 8.1.3.
- Documento acreditativo do pago da taxa de participación en procedementos selectivos (base xeral 5.6):
Taxa xeral 15€ ou taxa reducida 3,75€ (neste suposto debera achegar as acreditacións da condición de persoa desempregada xunto coa de non percibir prestación de desemprego na súa modalidade contributiva. O abono da taxa poderá facerse en efectivo nas oficinas da Tesouraría da Deputación de Lugo ou a través de xiro postal ou transferencia bancaria ao número de conta ES04 2080 0163 8531 1000 0423 de Abanca. - Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%, no suposto de aspirantes que necesiten solicitar adaptación das probas (ditame técnico facultativo).
LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES (Base xeral 5.2)
- A) Presentación telemática na sede electrónica da Deputación de Lugo: acceso no Catálogo de servizos – Recursos Humanos, onde figura o modelo oficial de solicitude-relación de méritos.
É necesario un certificado electrónico e que os documentos que se deben incorporar coa solicitude sexan documentos orixinais con código de verificación.
Deberase presentar:
- Solicitude-relación de méritos (non debendo presentar as acreditacións documentais, xa que unicamente as presentarán as persoas aspirantes que superen a fase de oposición). Na fase de concurso so se terán en conta para a súa valoración os méritos relacionados xunto coa instancia de participación.
- Os documentos orixinais (con código de verificación) a presentar.. Todos os documentos deberán achegarse en formato PDF.
- B) Presentación presencial no Rexistro Xeral da Deputación Provincial ou en calquera outro lugar dos sinalados no art.16.4 da Lei 39/2015:
- Instancia cuberta, xunto coa relación de méritos que desexe facer constar (non debendo presentar as acreditacións documentais, xa que unicamente as achegarán as persoas aspirantes que superen a fase de oposición).
- Os documentos orixinais a presentar.
Calquera aclaración ou dúbida pode chamar a Sección de Selección, Promoción e Carreira da Deputación de Lugo: 982 260 082 – 982 260 198 – 982 260 043.
RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan os procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario sanitario, convocados mediante as resolucións do 14 e 15 de decembro de 2022, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.
- Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/matrona) → LISTADO
- Enfermeiro/a especialista en saúde mental → LISTADO
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria → LISTADO
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica → LISTADO
PRAZO DE ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN: 02-01-2025 ao 31-01-2025 (ambos incluidos)
Cada aspirante poderá consultar o detalle da puntuación no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos 6 anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a profesión. MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE
- Certificado médico de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibilite para o exercicio das funcións da categoría.
- Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao SERGAS para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación. MODELO AUTORIZACIÓN ACCESO AO REXISTRO DE MENORES
- Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.
- Aspirantes pola quenda de persoas con discapacidade deberán presentar neste prazo, a documentación orixinal ou certificación compulsada do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lles recoñeceu a discapacidade, e que foi presentada dentro do prazo da solicitude.
- Aspirantes da categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria pola vía excepcional (convocatorias 2021 ou 2022), deberán acreditar documentalmente estaren en posesión do título que habilita para o acceso á dita categoría. De non o acreditaren, decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación neste procedemento.
PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN: nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
A Xunta de goberno do Ilustre Colexio de Enfermaría de Lugo deséxavos Bo Nadal e un Aninovo cheo de apertas e mellores
Que a bondade e os vos desexos do Nadal queden con nós
FELIZ 2025
El Consejo General de Enfermería, a través de su Instituto Superior de Formación Sanitaria (ISFOS), lanza el curso online:
“Abordaje del deterioro cognitivo en las principales patologías psiquiátricas desde las competencias enfermeras”
, con la colaboración de Boehringer Ingelheim.
Se trata de una formación gratuita dirigida a enfermeras generalistas que deseen adquirir herramientas esenciales para el diagnóstico, manejo e intervención en uno de los problemas de salud más prevalentes y desafiantes de nuestro tiempo.
Objetivo: Aprender desde el ámbito de la enfermería a identificar, intervenir y manejar el deterioro cognitivo, que acompaña a diversas patologías psiquiátricas.
Fechas: del 21-01-25 al 14-02-25 (20h)
Modalidad: online
