Buscar
Buscar

Blog/Noticias

30/01/2025

O pasado sábado 24 de xaneiro máis de 7.900 enfermeiras españolas enfrontáronse ao exame EIR 2025, o que supón un 79,12% do total de rexistradas na convocatoria, que oferta 2.171 prazas. Agora, empeza o proceso de corrección da proba, que determinará a orde de elección das aspirantes.

EXAME COMPLETO

PUBLICACIÓN DAS RESPOSTAS CORRECTAS 

Dende a publicación das respostas provisionais, Sanidade ten un mes para facer publica a relación de respostas definitivas.

Estas resolverán as reclamacións presentadas e os posibles erros detectados. Unha vez dispoñibles na web da Formación Sanitaria Especializada (FSE), Sanidade terá outro prazo dun mes para publicar a lista de resultados onde se establecerá en orde de elección para as enfermeiras.

Modelo híbrido de elección

Esta convocatoria será a primeira na que convivan a elección de praza en liña e presencial, un modelo híbrido que substituirá ao modelo exclusivo en liña, método establecido desde a pandemia por coronavirus.

Prazas por especialidade

  • Saúde Mental – 351
  • Pediatría – 265
  • Xeriatría – 92
  • Obstétrico-Xinecolóxica – 451
  • Familiar e Comunitaria – 919
  • Traballo – 93
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
30/01/2025

A dor neuropático representa unha serie de síndromes dolorosas que inclúen a unha gran variedade de trastornos periféricos ou centrais e tende a ser unha causa importante da dor crónica a nivel global. As súas causas máis clásicas inclúen ás neuropatías periféricas asociadas á diabetes e ao cancro, as neuralgias posherpéticas e as lesións nerviosas de orixe traumática.

GUÍA DE RECOMENDACIÓNS PRÁCTICAS DE ENFERMARÍA: DOR NEUROPÁTICO PERIFÉRICO

A limitación da actividade diaria, problemas de soño, depresión ou ansiedade, son entre outros, os problemas que se desencadean nas persoas que padecen dor neuropático periférico. Unha patoloxía difícil de identificar que segundo a Sociedade Española de Neuroloxía (SEN), padecen máis de tres millóns de persoas en España e un 77% padéceo de forma crónica.

A complexidade e características clínicas da dor neuropático periférico fan difícil a súa identificación, podendo pasar desapercibido e, por tanto, infratratado.

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
29/01/2025

Conforme ao previsto nos Estatutos do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, o pleno da Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 28 de xaneiro de 2025, acordou convocar a Xunta Xeral Ordinaria o 27 de febreiro de 2025, ás 19 horas en primeira convocatoria e 19:30 horas en segunda, a celebrar na sede central do Colexio, coa seguinte orde do día:

  1. Designación de interventores.
  2. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  3. Informe de xestión da Xunta de Goberno.
  4. Aprobación, se procede, do balance económico e conta de resultados do ano 2024.
  5. Estudo e aprobación, se procede, dos orzamentos para o ano 2025.
  6. Rogos e preguntas.

Lugo, 28 de xaneiro de 2025

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
20/01/2025
Xa podes descargar a plataforma eCuidados-prescrición. As/os enfermeiras/os, no exercicio da súa actividade profesional, poderán indicar, usar e autorizar a dispensación de forma autónoma de todos aqueles medicamentos non suxeitos a prescrición médica e produtos sanitarios no ámbito das súas competencias e determinados medicamentos suxeitos a prescrición médica, conforme aos protocolos ou guías de práctica clínica e asistencial, que se van aprobando e son publicadas no BOE.
eCuidados-prescrición consta con buscadores que permite localizar o medicamento de forma rápida e sinxela mediante cinco formas de procura:
  • Principio activo ou excipiente
  • Nome comercial
  • Códigos ATC
  • Guías ou protocolos
  • Nomee do laboratorio que o comercializa
Alerta sobre posibles problemas de prescrición; interaccións, incompatibilidades, alerxias e dosaxe que podería representar riscos reais para os pacientes.

¿Cómo descargar a aplicación?

Na ligazón https://ecuidados-prescripcion.com/medicamentos poderás descargar o programa no teu computador e móbil.

¿Cómo rexistrarte?

Unha vez dentro da aplicación, atoparás o panel de acceso para o teu usuario e contrasinal. Se non coñeces as claves, debes rexistrarte na pestana: REXÍSTRESE AQUÍ .
Recibirás un correo co teu usuario e contrasinal.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
12/01/2025

O Consello Xeral de Enfermaría a través dos Colexios profesionais facilita a participación das enfermeiras/os colexiadas/os no 30º Congreso Internacional do CIE en Helsinqui (Finlandia) do 9 ao 13 de xuño.

Obxectivo: potenciar a investigación enfermeira e a posta en común das enfermeiras/os españolas/é co resto da comunidade enfermeira internacional.

O PRAZO DA SOLICITUDE no COE de Lugo finaliza o 12 de maio de 2025

 

Beneficiarios e requisitos

  • Colexiadas/os que acrediten inscribirse no Congreso.
  • Estar colexiado en Lugo e ao corrente do pago das cotas.

Cuantía da subvención

  • 50% do importe da tarifa de inscrición anticipada (a este importe aplicaráselle a retención que contemple a lexislación fiscal vixente).  Considérase tarifa anticipada o importe da tarifa vixente ata o 28 de febreiro de 2025 segundo táboa de prezos publicada polo CIE.

INSCRICIÓN E INFORMACIÓN DO CONGRESO

PROCEDEMENTO

  • A interesada/o deberá presentar a súa solicitude ao Colexio de Enfermería de Lugo, achegando unha copia do xustificante de abono da cota de inscrición ao Congreso do CIE e un certificado de titularidade da súa conta bancaria para a realización do abono da axuda.

 

Actividad subvencionada polo Consello Xeral de Enfermaría

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo