Buscar
Buscar

Publicado o procedemento para obter o Diploma de Acreditación na área de Paliativos pola vía excepcional

11/01/2025

O SERGAS publica no Diario Oficial de Galicia a resolución do 26 de decembro de 2024, conxunta da Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se determina o procedemento para a obtención pola VÍA EXCEPCIONAL do Diploma de Acreditación na Área Funcional de Paliativos na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Dirixido os colectivos peofesionais de:  enfermaría, medicina, , psicoloxía clínica, psicoloxía xeral sanitaria e fisioterapia que exerzan a súa actividade en Galicia, con independencia do carácter público ou privado dos seus centros de traballo

 

REQUISITOS  (Anexo II do DOG)

1- Acreditar un mínimo de 4 anos de práctica profesional a tempo completo durante os últimos 10 anos.

2- Título de mestrado ou experto universitario en coidados paliativos.

 

SOLICITUDE (Anexo I do DOG)

  • PRAZO: do 9 de xaneiro ata o 9 de xullo de 2025  (as solicitudes, pola vía excepcional, poderán presentarse, de forma única e igualmente excepcional, durante os 6 meses a partir do día seguinte da publicación no DOG.
  • A través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección outros méritos/acreditación áreas funcionais)

 

DOG nº4

BOE: Orden SND/1427/2023, de 26 de diciembre, por la que se publican las bases para la creación de Diplomas de Acreditación en el Área Funcional de Paliativos.

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo