Buscar
Buscar

OPE persoal estatutario especialista: Baremación e listados definitivos da fase de concurso

02/01/2025

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan os procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario sanitario, convocados mediante as resolucións do 14 e 15 de decembro de 2022, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

  • Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/matrona) → LISTADO
  • Enfermeiro/a especialista en saúde mental → LISTADO
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria → LISTADO
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica → LISTADO

PRAZO DE ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN: 02-01-2025  ao 31-01-2025 (ambos incluidos)

Cada aspirante poderá consultar o detalle da puntuación no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos 6 anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a profesión. MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE
  • Certificado médico de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibilite para o exercicio das funcións da categoría.
  • Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao SERGAS para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación. MODELO AUTORIZACIÓN ACCESO AO REXISTRO DE MENORES
  • Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

  • Aspirantes pola quenda de persoas con discapacidade deberán presentar neste prazo,  a documentación orixinal ou certificación compulsada do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lles recoñeceu a discapacidade, e que foi presentada dentro do prazo da solicitude.
  • Aspirantes da categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria pola vía excepcional (convocatorias 2021 ou 2022), deberán acreditar documentalmente estaren en posesión do título que habilita para o acceso á dita categoría. De non o acreditaren, decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación neste procedemento.

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN: nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

DOG nº 251

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo