INFORMACIÓN SOBRE O PRAZO E MODO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO PARA A AMPLIACIÓN DA LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL DE ATS/DUE (Convocatoria e Bases Específicas BOP núm. 301, do 31.12.2024)
O pasado 31.12.2024 publicáronse as bases para a ampliación da listaxe de emprego na categoría de enfermeira/o na Deputación Provincial de Lugo, xa que esta entidade xestiona Centros de Atención a Maiores en diversos concellos da provincia.
Prazo presentación da solicitud: ata as 23:59 horas do 10 de xaneiro de 2025
MAIS INFORMACIÓN: https://deputacionlugo.gal/temas/rechumanos/selecciontemporal/ATS_2
DOCUMENTACIÓN ACOMPAÑAR Á SOLICITUDE (Base xeral 5.4)
- Titulación académica oficial: Graduado ou Diplomado en Enfermería.
- DNI, pasaporte, tarxeta de residencia, así como calquera outro documento acreditativo de nacionalidade co alcance do establecido no artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do estatuto básico do empregado público.
- Nivel de galego esixido na base específica 5 (Celga 4), no suposto de non acreditalo deberase realizar, de selo caso, a proba establecida na base xeral 8.1.3.
- Documento acreditativo do pago da taxa de participación en procedementos selectivos (base xeral 5.6):
Taxa xeral 15€ ou taxa reducida 3,75€ (neste suposto debera achegar as acreditacións da condición de persoa desempregada xunto coa de non percibir prestación de desemprego na súa modalidade contributiva. O abono da taxa poderá facerse en efectivo nas oficinas da Tesouraría da Deputación de Lugo ou a través de xiro postal ou transferencia bancaria ao número de conta ES04 2080 0163 8531 1000 0423 de Abanca. - Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%, no suposto de aspirantes que necesiten solicitar adaptación das probas (ditame técnico facultativo).
LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES (Base xeral 5.2)
- A) Presentación telemática na sede electrónica da Deputación de Lugo: acceso no Catálogo de servizos – Recursos Humanos, onde figura o modelo oficial de solicitude-relación de méritos.
É necesario un certificado electrónico e que os documentos que se deben incorporar coa solicitude sexan documentos orixinais con código de verificación.
Deberase presentar:
- Solicitude-relación de méritos (non debendo presentar as acreditacións documentais, xa que unicamente as presentarán as persoas aspirantes que superen a fase de oposición). Na fase de concurso so se terán en conta para a súa valoración os méritos relacionados xunto coa instancia de participación.
- Os documentos orixinais (con código de verificación) a presentar.. Todos os documentos deberán achegarse en formato PDF.
- B) Presentación presencial no Rexistro Xeral da Deputación Provincial ou en calquera outro lugar dos sinalados no art.16.4 da Lei 39/2015:
- Instancia cuberta, xunto coa relación de méritos que desexe facer constar (non debendo presentar as acreditacións documentais, xa que unicamente as achegarán as persoas aspirantes que superen a fase de oposición).
- Os documentos orixinais a presentar.
Calquera aclaración ou dúbida pode chamar a Sección de Selección, Promoción e Carreira da Deputación de Lugo: 982 260 082 – 982 260 198 – 982 260 043.