O Colexio de Enfermaría de Lugo celebrará a
I XORNADA DE ENFERMARÍA XERIÁTRICA E CENTROS SOCIOSANITÁRIOS
- DATA: 11 de Abril de 2025
- HORARIO: 09:30 a 14:00 horas
- LUGAR: Salón de Actos do COE LUGO (no caso de exceder o aforo realizarase no Salón de Actos do HULA)
- INSCRIPCIÓN: a través do correo colexio@enfermerialugo.org ou chamando ó 982 24 24 50.
- DATA LÍMITE DE INSCRIPCIÓNS: 31/03/2025
Nesta xornada contaremos con profesionais recoñecidos que abordarán a situación actual dos coidados aos maiores, tamén se fará énfase na completa formación que se require para coidar a esta parte tan fráxil da sociedade coa finalidade de poder chegar a realizar unha analise e poder estudar proxectos de futuro.
Terán preferencia nesta xornada as/os colexiadas/os especialistas en xeriatría e/ou desenvolvan o seu traballo en centros sociosanitarios ou en áreas relacionadas coa xeriatría (planta de hospitalización, enfermeiras que estén a realizar o EIR de xeriatría, persoal do hospital de día de procesos, etc).
A proteína alfa-1 antitripsina (AAT) prodúcese no fígado para axudar a protexer os pulmóns. O déficit desta proteína, coñecido como DAAT – déficit de alfa-1 antitripsina-, é unha enfermidade rara estímase que afecta só a 14.500 persoas en España. Non ten cura, pero si existen diferentes opcións de tratamento para atrasar o dano que a enfermidade produce a nivel pulmonar, sendo a adherencia ao tratamento una das principais intervencións a realizar por enfermería e que máis axuda ao control da enfermidade.
GUÍA DE RECOMENDACIÓNS PRÁCTICAS DE ENFERMERÍA: Déficit de Alfa-1 Antitripsina (DDAT)
Esta guía gratuíta, editada polo Consello Xeral de Enfermería proporciona información de gran valor na práctica asistencial de persoas con DAAT para realizar uns coidados de calidade adaptados ás necesidades e facilitar información á persoa afectada e a súa contorna.
O descoñecemento desta patoloxía na contorna sanitaria, xunto á variabilidade de sintomatoloxía coa que pode manifestarse dependendo ao órgano que afecte, fai que en múltiples ocasións o seu diagnóstico atrásese, tendo consecuencias graves, limitando a abordaxe adecuada e supoñendo un empeoramento clínico.
Diagnóstico precoz
Contar cun diagnóstico precoz é clave á hora de afrontar o DAAT. Como é unha enfermidade minoritaria, é preciso ter en mente a súa existencia para sospeitar que paciente poida ter un DAAT. Por iso, é importante que todos os profesionais sanitarios dispoñan de información e ferramentas para detectar é déficit de alfa-1 antitripsina o máis precozmente posible. Isto é especialmente relevante no ámbito da Atención Primaria ao ser a porta de entrada ao sistema sanitario.
Tabaquismo
Ademais das patoloxías asociadas, os pulmóns da persoa afectada dánanse máis facilmente ao fumar ou coa contaminación e/o po da súa contorna. Adoita afectar a varios membros da mesma familia e un diagnóstico cedo pode axudar a previr diferentes enfermidades pulmonares graves.
A prevención primaria realizada por enfermeiras é de vital importancia na prevención do tabaquismo, cuxo consumo, aínda que sexa mínimo, é prexudicial e está relacionado con ampla variedade de patoloxías respiratorias. Tanto a prevención como a deshabituación tabáquica son medidas esenciais en persoas con DAAT, xa que non fumar é a única maneira de evitar complicacións como a EPOC. Doutra banda, a prevención secundaria é fundamental para poder ter un diagnóstico precoz que, xunto a un adecuado tratamento, pode axudar a evitar complicacións.
O SERGAS publica a resolución definitiva da oferta de destinos do Concurso-oposición correspondente a oferta de persoal estatutario 2022 da Lei de estabilización.
- Enfermeira/o
- Enfermeira/o especialista en Pediatría
- Enfermeira/o especialista en Obstetricia e Xinecología
- Enfermeira/o especialista en Saúde mental
- Enfermeira/o especialista Familiar e Comunitaria
Oferta Persoal Estatutario 2022
Oferta Persoal Estatutario 2022 – Lei de estabilización
- Modalidade: Presencial + Streaming
- Fecha: 27 de febreiro de 2025
- Hora: 09:00 a 14:00 horas
PROGRAMA
09.00 Chegada e recepción dos participantes.
09.15 Apertura:
- D. Florentino Pérez Raya.
→ Presidente do Consello Xeral de Enfermaría de España.
O Consello Xeral de Enfermaría coa colaboración de CeraVe poñen en marcha a 4ª edición desta iniciativa que promove o liderado enfermeiro e a investigación nos coidados dermatolóxicos: IV bolsa “Na Pel da Enfermeira”
Os proxectos presentados deben estar liderados por unha enfermeira colexiada, independentemente do ámbito laboral. O traballo pode ser inédito, pero tamén poden presentarse ideas ou proxectos xa existentes que busquen maior crecemento.
Prazo de presentación ata o 20 de marzo
Tras o fallo do xurado, no mes de abril farase entrega da bolsa nun acto público na sede histórica do CGE, onde a enfermeira gañadora recibirá o trofeo xunto aos 6.000 euros da dotación.