29/01/2025

Conforme ao previsto nos Estatutos do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, o pleno da Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 28 de xaneiro de 2025, acordou convocar a Xunta Xeral Ordinaria o 27 de febreiro de 2025, ás 19 horas en primeira convocatoria e 19:30 horas en segunda, a celebrar na sede central do Colexio, coa seguinte orde do día:
- Designación de interventores.
- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
- Informe de xestión da Xunta de Goberno.
- Aprobación, se procede, do balance económico e conta de resultados do ano 2024.
- Estudo e aprobación, se procede, dos orzamentos para o ano 2025.
- Rogos e preguntas.
Lugo, 28 de xaneiro de 2025
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo