Buscar
Buscar

EIR 2025: O Ministerio publica as respostas correctas e abre o prazo de impugnacións

30/01/2025

O pasado sábado 24 de xaneiro máis de 7.900 enfermeiras españolas enfrontáronse ao exame EIR 2025, o que supón un 79,12% do total de rexistradas na convocatoria, que oferta 2.171 prazas. Agora, empeza o proceso de corrección da proba, que determinará a orde de elección das aspirantes.

EXAME COMPLETO

PUBLICACIÓN DAS RESPOSTAS CORRECTAS 

Dende a publicación das respostas provisionais, Sanidade ten un mes para facer publica a relación de respostas definitivas.

Estas resolverán as reclamacións presentadas e os posibles erros detectados. Unha vez dispoñibles na web da Formación Sanitaria Especializada (FSE), Sanidade terá outro prazo dun mes para publicar a lista de resultados onde se establecerá en orde de elección para as enfermeiras.

Modelo híbrido de elección

Esta convocatoria será a primeira na que convivan a elección de praza en liña e presencial, un modelo híbrido que substituirá ao modelo exclusivo en liña, método establecido desde a pandemia por coronavirus.

Prazas por especialidade

  • Saúde Mental – 351
  • Pediatría – 265
  • Xeriatría – 92
  • Obstétrico-Xinecolóxica – 451
  • Familiar e Comunitaria – 919
  • Traballo – 93
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo