Buscar
Buscar

Convocatoria de axudas para o 30º Congreso Internacional do CIE que se celebra en Helsinqui

12/01/2025

O Consello Xeral de Enfermaría a través dos Colexios profesionais facilita a participación das enfermeiras/os colexiadas/os no 30º Congreso Internacional do CIE en Helsinqui (Finlandia) do 9 ao 13 de xuño.

Obxectivo: potenciar a investigación enfermeira e a posta en común das enfermeiras/os españolas/é co resto da comunidade enfermeira internacional.

O PRAZO DA SOLICITUDE no COE de Lugo finaliza o 12 de maio de 2025

 

Beneficiarios e requisitos

  • Colexiadas/os que acrediten inscribirse no Congreso.
  • Estar colexiado en Lugo e ao corrente do pago das cotas.

Cuantía da subvención

  • 50% do importe da tarifa de inscrición anticipada (a este importe aplicaráselle a retención que contemple a lexislación fiscal vixente).  Considérase tarifa anticipada o importe da tarifa vixente ata o 28 de febreiro de 2025 segundo táboa de prezos publicada polo CIE.

INSCRICIÓN E INFORMACIÓN DO CONGRESO

PROCEDEMENTO

  • A interesada/o deberá presentar a súa solicitude ao Colexio de Enfermería de Lugo, achegando unha copia do xustificante de abono da cota de inscrición ao Congreso do CIE e un certificado de titularidade da súa conta bancaria para a realización do abono da axuda.

 

Actividad subvencionada polo Consello Xeral de Enfermaría

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo