O vindeiro 5 de marzo, ás 18 horas terá lugar a:
XORNADA PLAN NACIONAL RESISTENCIA ANTIBIÓTICOS
PONENTE: ANTONIO LÓPEZ NAVA – Coordinador nacional P.R.A.N. en Saúde Humán da A.E.M.P.S.
LUGAR: Salón de Actos do Edificio dos Colexios Sanitarios de Lugo (C/ Ramón y Cajal nº 2 – LUGO)
Entrada libre ata completar aforo
ORGANIZAN E COLABORAN: Colexio de Farmaceúticos de Lugo, Colexio de Médicos de Lugo, Colexio de Veterinarios de Lugo, Colexio de Odontólogos e estomatólogos de Lugo e Colexio de Enfermaría de Lugo.
A Escola Universitaria de Enfermería de Lugo organiza unha microcredencial unviersitaria en:
PREVENCIÓN CARDIOVASCULAR E AUTOCOIDADO NA VIDA DIARIA
Ofrece unha formación práctica e actualizada para reforzar competencias en promoción da saúde, educación terapéutica e acompañamento ao autocuidado na vida diaria.
A prevención cardiovascular é hoxe un dos maiores retos en saúde pública e un ámbito crave de liderado enfermeiro, sendo esta unha oportunidade para actualizar coñecementos e fortalecer o papel da Enfermería na prevención primaria e secundaria da enfermidade cardiovasular.
- MODALIDADE: presencial
- DURACIÓN: 09/03/2026 – 11/03/2026
- PREINSCRICIÓN: 10/01/2026 – 18/02/2026
- MATRÍCULA: 20/02/2026 – 27/02/2026
- CRÉDITOS: 2,5
- CUSTO: 75,06 €
- CENTRO: Escola Universitaria de Enfemería de Lugo
Os vindeiros 25-26-27 de Marzo de 2026 a Asociación Española de Enfermaría de Saúde Mental celebrará o:
XLIII CONGRESO NACIONAL DE ENFERMARÍA DE SAÚDE MENTAL
Coidar para recuperar: O impulso renovador da Piscoenfermeira
- Lugar: Palexco (A Coruña)
- Inscricións: ata o 16 de marzo 2026
Ademais no congreso outorgararse o 12º premio AEESME a Proyectos de Investigación de residentes de Enfermaría de saúde mental sendo a data límite para a presentación de pósteres / comunicacións orais / proxectos de investigación o día 25 de febreiro de 2026.
Publicada a RESOLUCION do 4 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidas/os e excluidas/os e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal nas categorías de persoal estatutario:
- Enfermeira/o
- Enfermeira/o da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
As listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os, coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provicionais acadadas, está publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do SERGAS (www.sergas.es).
O estado de cada solicitude pode ser consultado pola/o solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
As persoas interesadas poderá presentar reclamación, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
Enfermeira/o
- Listado provisional aspirantes admitidas/os con puntuación
- Listado provisional aspirantes excluidas/os
Fundación Pública Urxencias 061
- Listado provisional aspirantes admitidas/os con puntuación Enfermeira/o da Fundación Pública Urxencias 061
- Listado provisional aspirantes exluidas/os Enfermeira/o da Fundación Pública Urxencias 061
Publicada a Resolución do 28 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean os tribunais cualificadores nos procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario sanitario e na categoría de persoal de servizos xerais.
Categorías:
- Enfermeira/o
- Enfermeira/o especialista en enfermería familiar e comunitaria
- Enfermeira/o especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrona/o)
- Enfermeira/o especialista en enfermería pediátrica
- Enfermeira/o especialista en enfermería do traballo.
Ver DOG nº 27