Buscar
Buscar

OPE: Listado Provisional de Admitidas/os e exentas/os do Exercicio de Lingua Galega

15/01/2026

Publicada a RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición  nas categorías:

  • Enfermeiro/a
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria
  • Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a)
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo

A relación provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega poderá examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As persoas aspirantes excluídas e as declaradas non exentas da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen enmendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión e/ou a declaración de non exento/a da realización de tal exercicio, mediante un escrito dirixido á mesma unidade de validación a que se dirixiu a instancia de participación, que deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos dispoñibles do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de participación no proceso, non consten na relación publicada.

LISTADOS

VER DOG

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo