
RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).
Nº Prazas: 7 (acceso libre=4, promoción interna=2 e reserva discapacidade= 1)
Prazo de inscrición: un mes desde o día seguinte ao publicación da convocatoria no DOG.
Formulario de inscrición: cubrir unha única solicitude do modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE), instrucións no anexo VI, e que, deberán imprimir, asinar e presentar nos lugares e prazo indicados nos puntos 5.2 e 5.3, respectivamente.
Taxas: 38,02€
Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación como o sinalado no anexo VII. Tal impreso, así como os códigos para a súa formalización, seranlles facilitados ás persoas interesadas nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do SERGAS e estarán na web do SERGAS, no punto de Emprego público.
O/a solicitante poderá facer o pagamento da taxa a través de Fides/expedient-e. Unha vez confirmada a solicitude de inscrición, na pestana de procesos, xerarase ao seu carón a icona dunha tarxeta (un enlace directo ao sistema de pagamento electrónico de taxas da Consellería de Facenda e Administración Pública). Ao clicar nela cargaranse de forma automática os códigos da taxa e o importe, segundo a categoría de inscrición e, ao completar o pagamento, xerarase o xustificante de ter aboado a taxa (modelo 730), que xa quedará indexado ao carón da solicitude. Neste suposto, non será necesaria a presentación do xustificante de ter aboada a correspondente taxa xunto coa solicitude.