Buscar
Buscar

Blog/Noticias

18/03/2025
A Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo organiza os días 1 e 2 de abril de 2025
XXVII Xornadas Nacionais e XXI Inteernacionais da E.U de ENFERMARÍA de LUGO
 “O PODER DA ENFERMARÍA: MÁIS INNOVACIÓN, MÁIS IMPACTO”
Organiza: Escola Universitaria de Enfermaría Lugo, Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, a Mariña e Monforte de Lemos e Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo.
Lugar: Salón de Actos do Hospital Universitario Lucus Augusti.
  • Prazo de solicitude: Dende o 10 de marzo ao 28 de marzo, ata completar aforo. As prazas asinaranse por RIGOROSO ORDE DE INSCRICIÓN E PAGO. Non serán válidas as inscricións sen o aboamento do pago correspondente.

INSCRICIÓN

  • Prezo inscrición profesionais enfermaría: 20 €
  • Recollida de inscricións: A solicitud cuberta, poderá enviarse por correo electrónico á dirección enfermaría.lugo.decanato@usc.es ou entregarse persoalmente na Secretaría da E.U de Enfermaría.
  • Forma de pagamento: Transferencia bancaria ou ingreso na conta: IBAN:ES31 2100 2335 5402 0020 1531 (La Caixa). Concepto: Nome, apelidos e NIF do asistente.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
17/03/2025

O embarazo é un proceso fisiolóxico natural na muller que, aínda que na maioría dos casos transcorre sen complicacións, require dun seguimento adecuado para detectar posibles alteracións co obxectivo de previlas ou diagnosticalas de maneira temperá.

Para conseguir un bo control preconcepcional e un embarazo saudable, o Consello Xeral de Enfermería, a través do seu Instituto de Investigación, publicou a Guía de Recomendacións Prácticas en Enfermería en Consulta Preconcepcional e Embarazo Saudable elaborada por profesionais de enfermería expertas neste ámbito, un xinecólogo e un médico de Atención Primaria.

Guía de recomendacións prácticas de Enfermaría en Consulta Preconcepcional e Embarazo Saudable

A matrona, como referente da saúde sexual e reprodutiva da muller, aborda, xunto con outros profesionais da saúde, aspectos como a historia familiar e xenética, o estado nutricional, a suplementación con ácido fólico, os factores ambientais, o consumo de tóxicos, como alcol e tabaco, e as condutas de risco para enfermidades de transmisión sexual, entre outros.

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
17/03/2025

O Consello Xeral de Enfermaría e o Colexio de Enfermaría de Lugo ofrecémosvos a III edición do curso:

”Afrontamento e prevención de agresións a enfermeiras/os”

  • Modalidade: en liña
  • Data de inicio: 20 de marzo de 2025 
  • Duración: 20 horas

 INSCRICIÓN

Con este curso en liña de 20 horas de duración os profesionais de enfermaría terán a oportunidade de coñecer a situación actual das agresións contra enfermerias/os en España, analizar as causas sociolóxicas da violencia no ámbito sanitario, profundizar sobre a importancia da denuncia como forma de previr a violencia ou descubir novas técnicas no ámbito da comunicación verbal e non verbal orientadas a previr situacións conflictivas.

Máis información

  • TEMA I: Introducción: Observatorio das agresións.
  • TEMA II. Interlocutor Policial Sanitario. Conceptos penais/procesais. Datos estadísticos.
  • TEMA III. Causas sociológicas da violencia no ámbito sanitario e perfis criminais. Consecuencias da violencia no plano psicológico.
  • TEMA IV. A prevención das agresións no ámbito sanitario. Aproximación física e psicológica ao doente en situacións de risco.
  • TEMA VI. As agresións dende a perspectiva xurídica e legal.
  • TEMA VII. Protocolos de actuación.

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
17/03/2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publica no DOG. a RESOLUCIÓN do 3 de Marzo de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2025 (código de procedemento PL500C)

 As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no DOG, así como na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal), tamén se publicarán as sedes e horarios para a realización das probas, xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

 As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente (código 304401). No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua.

 Ver DOG nº 46

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
14/03/2025

Publicada a Resolución do 28 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionadas/os no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal enfermeira/o especialista na especialidade de Saúde Mental convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 3 de xullo de 2023, e se convoca o acto telemático de elección de destino.

Prazo: dez días hábiles (do 11 ó 24 de marzo de 2025), para que todas/os aspirantes que participan no proceso seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación entre a relación de prazas ofertadas.

VER DOG

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo