Buscar
Buscar

Blog/Noticias

12/03/2025

O vindeiro sábado 15 de marzo celebrarase as:  I Xornadas Etnográficas

CULTURA DO COIDADO FEMININO:UNHA OLLADA ETNOGRÁFICA E ANTROPOLÓXICA”

Horario: 11:00 a 14:00 h

Lugar: A casa do saber. Salón de actos do vicerrectorado (Praza Pío XII, 3, 27001. Lugo)

Organizada polo Grupo Etnográfico Traxandaina

Colabora o COE de Lugo, USC e Academia de Enfermaría de Galicia

PROGRAMA 

11:00h

  • “Avanzando hacia unha sanidade con prespectiva de xénero”

Ana Prieto

12:00 h

  • “OBSTETRIX: A matroa dende Roma ata hoxe”

Susana Yáñez

13:00h

  • “A muller como coidadora: razón de existir a humanidade”

Isidoro Rodríguez

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
12/03/2025

Publicado o novo número da revista ENFERMEIR@S Nº 44 editada e publicada polo Colexio de Enfermería de Lugo, indexada nas bases de datos CUIDEN e CINAHL (distribuída por EBSCO).

Aproveitamos a ocasión para pedirche que participes nela enviando os teus  artigos a:   revista@enfermerialugo.org
Na páxina do Colexio www.enfermerialugo.org dispós dunha plantilla de axuda para realizar un artigo científico. Entra en PUBLICACIÓNS e poderás acceder ás revistas.

Esta Revista está subvencionada polo Consello Xeral de Enfermaría dentro do programa de promoción da investigación enfermeira.

DESCARGAR:  ENFERMEIR@S Nº 44

 

 

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
08/03/2025

#ENFERMERAS8M 

8M: Las enfermeras, una profesión en lucha por la igualdad desde hace décadas

VER VÍDEO: 8M: As enfermeiras denuncian a discriminación laboral que sofren por ser maioritariamente mulleres

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
08/03/2025
O Ministerio de Sanidade publicou a lista definitiva de resultados do exame EIR 2025.Esta lista presenta a relación de aspirantes aprobados e a orde no que, finalmente, poderán elixir praza para realizar a residencia.
Segundo indican desde o Ministerio o próximo mes convocaranse os actos de elección e adxudicación de praza, polo que se espera que esta teña lugar no mes de abril.
En total, das 7.932 persoas que se presentaron ao exame, 7.922 obtiveron número de orde, o que se traduce nun 99,87% dos presentados.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
01/03/2025

Desde o Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, queremos expresar as nosas máis sinceras condolencias polo falecemento de Paula Alvarellos Fondo, alcaldesa de Lugo.

O seu compromiso coa cidadanía, a súa vocación de servizo coa nosa cidade e a súa proximidade cos veciños e veciñas deixan unha pegada inesquecible. A súa entrega á comunidade lucense será sempre lembrada como un exemplo de humanidade e vocación pública.

Neste momento de profunda tristeza, queremos transmitir as nosas condolencias máis sentidas á súa familia, amigos e a toda a cidadanía de Lugo, que hoxe perde unha gran referente.

Descanse en paz.

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo