Buscar
Buscar

O Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo lamenta o falecemento da alcaldesa Paula Alvarellos

01/03/2025

Desde o Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, queremos expresar as nosas máis sinceras condolencias polo falecemento de Paula Alvarellos Fondo, alcaldesa de Lugo.

O seu compromiso coa cidadanía, a súa vocación de servizo coa nosa cidade e a súa proximidade cos veciños e veciñas deixan unha pegada inesquecible. A súa entrega á comunidade lucense será sempre lembrada como un exemplo de humanidade e vocación pública.

Neste momento de profunda tristeza, queremos transmitir as nosas condolencias máis sentidas á súa familia, amigos e a toda a cidadanía de Lugo, que hoxe perde unha gran referente.

Descanse en paz.

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo