A través deste protocolo de actuación fronte a agresións do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo ofrece apoio, acompañemento e asistencia xurídica durante todo o proceso, así como atención sanitaria e psciolóxica ás vitimas.
Este protocolo desenvolverase respectando en todo momento os principios constitucionais do dereito á intimidade e confidencialidade do profesional sanitario agredido.
Co obxectivo de formar as/os enfermeiras/os en técnicas e ferramentas de prevención e xestión eficaz de situacións de violencia no seu posto de traballo, o Colexio de Enfermaría de Lugo organiza en colaboración coa Policía Nacional talleres de prevención de agresións a profesionais sanitarios que se realizarán nas seguintes datas:
- MONFORTE: 03- 04-2025 – horario: 11:00 a 12:00
Lugar: Salón de Actos Hospital de Monforte
Data límite inscrición: 31/03/2025
- LUGO: 08-04-2025 – horario: 11:00 a 12:00
Lugar: Sede Colexial de Lugo
Data límite inscrición: 02/04/2025
- BURELA: 22-04-2025 – horario: 11:00 a 12:00
Lugar: Sede Colexial de Burela
Data límite inscrición: 11/04/2025
INSCRICIÓN: chamando ó Colexio (982 24 24 50) ou a través do correo electrónico colexio@enfermerialugo.org indicando o teus datos personais e o taller a cal te queres inscribir.
O Consello Xeral de Enfermaría e o Colexio de Enfermaría de Lugo ofrecémosvos a III edición do curso online:
”Enfermaría: liderando o coidado na ELA”
- Modalidade: en liña
- Data de inicio: 1 de abril – 30 de abril de 2025
- Duración: 10 horas
- Acreditado: non
Co obxectivo de formar ás enfermeiras e enfermeiros sobre como liderar o coidado do paciente con ELA, garantindo unha asistencia coordinada e sen interrupcións.
Os pacientes con ELA necesitan unha asistencia especializada, coordinada, accesible e sen interrupcións, onde se teña en consideración o social e o sanitario. Unha asistencia feita desde o acompañamento, a empatía, o apoio e o asesoramento, pois a deterioración que sofren durante a evolución do seu proceso esixirá un volume crecente de coidados, principalmente no ámbito domiciliario.
Publicado no DOG do 17 de marzo de 2025 a RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionadas/os no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeira/a e se inicia o prazo para a elección de destino.
- A relación de destinos que se lles ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as neste proceso figuran no anexo IV desta resolución.
- Prazo: do 18 ao 31 de marzo (dez días hábiles, a partir do seguinte á publicación)
- As/o aspirantes que constan nesta resolución deberan seleccionar telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.