
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publica no DOG. a RESOLUCIÓN do 3 de Marzo de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2025 (código de procedemento PL500C)
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no DOG, así como na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal), tamén se publicarán as sedes e horarios para a realización das probas, xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente (código 304401). No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua.
Ver DOG nº 46