Buscar
Buscar

Blog/Noticias

10/05/2025
O Consello Xeral de Enfermaría e o Colexio de Enfermaría de Lugo ofrecémosvos o Webinar: 
“Técnicas de limpeza de corpo e rostro en función das patoloxías cosméticas”
  • Modalidade: Online síncrona
  • Fecha: 13 de maio de 2025
  • Hora: 16:00 a 17:30 horas
  • GRATUITO
A limpeza do corpo e do rostro debe variar en función do tipo de pel, para garantir así os mellores resultados e evitar a aparición de efectos adversos. Asegurarse de que a pel estea libre de sucidade, bacterias, exceso de graxa e partículas de tecido morto, @teniendo en cuenta as necesidades específicas de cada tipo de pel, é esencial para promover a saúde e o benestar deste importante órgano.
INTERVEÑEN
  • Dra. D.ª María Teresa Truchuelo Díaz. Dermatóloga del Hospital Universitario San Rafael (Madrid)
  • D.ª Carolina Lázaro Covarrubias. Enfermera de Dermatología del Hospital Universitario Rey Juan Carlos de Móstoles (Madrid).
  • D.ª Mercedes Abarquero Cerezo. Farmacéutica. Responsable de Comunicación Científica de CeraVe
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
06/05/2025

O vindeiro 28 de maio o Colexio de Enfermaría de Lugo organiza a Xornada Formativa Interdisciplinar en colaboración cos Colexios sanitarios de Lugo (Veterinarios – Médicos – Farmaceúticos – Odontólogos) coa conferencia:

“MICROHÁBITOS SAUDABLES”

Ponente: Beatriz Crespo Ruiz 

E se o cambio non estivese en facer másis, se non en facelo maís doado

  • LUGAR: Salón de Actos Colexios Sanitarios de Lugo (Rúa Ramon y Cajal nº 2 – LUGO)
  • DATA: 28 de maio de 2025
  • HORA: 18:00 h
  • INSCRIPCIÓN gratuita ata completar aforo

CARTEL

Contaremos ca presenza de BEATRIZ CRESPO doutora en Medicina e Alto rendemento deportivo. Top 100 mulleres líderes de España e Top 100 líderes más disruptivos e innovadores, foi ademais considerada por Nova Talent en 2022, entre o 3% das mellores do mundo de menos de 35 anos, na categoría Healthcare & Lifestyle, entre outros reconocementos. 

Ofreceranos unha visión innovadora e accesible sobre como integrar o exercicio físico na vida diaria sen grandes esforzos nin rutinas imposibles. A través dos microhábitos -pequenas accións que non levan mais de dous minutos-, descubriremos como o cerebro pode converterse no noso mellor aliado para manternos activos.

XORNADA FORMATIVA INTERDISCIPLINAR DOS COLEXIOS SANITARIOS DE LUGO: Esta Xornada forma parte dun programa colaborativo de participación coa cidadanía e os distintos profesionais sanitarios. Cada Xornada está organizada por un Colexio profesional con colaboración cos cinco Colexios sanitarios de Lugo (Colexio de Enfermaría, Colexio de Medicina, Colexio de Farmacia, Colexio de  Odontoloxía e Colexio de Veterinaria).

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
06/05/2025

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) invítate o Webinar:

“Coida o teu corazón: actividade física e saúde”

  • DATA: 7 de maio
  • HORA: de 10:30 a 11:30h
  • MODALIDADE: en liña
  • INSCRICIÓN

PROGRAMA

A prevención e promoción da saúde no traballo deben ir da man, compartindo principios e obxectivos comúns. Con este enfoque, o ISSGA, en colaboración con FREMAP, organiza esta xornada técnica en formato webinar centrada en motivar ás persoas traballadoras para que realicen exercicio físico de maneira regular, contribuíndo a evitar ou minimizar as consecuencias negativas derivadas da inactividade e do envellecemento.

MÁIS INFORMACIÓN

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
05/05/2025

O 5 de maio celebrase a campaña da OMS  Día Mundial da Hixiene de Mans co lema:

“ Luvas cando esté indicado, Hixiene de mans sempre” 

A día de hoxe, continúa sendo a medida máis eficiente para evitarlle aos pacientes infeccións relacionadas coa asistencia sanitaria.

CAMPAÑA DA OMS

CAMPAÑA MINISTERIO DE SANIDADE

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
05/05/2025

O Día Internacional da Matrona, celébrase o 5 de maio de cada ano. Foi declarado pola ONU co obxectivo de valorar e recoñecer o valor das matronas ou parteiras no momento de atender ás mulleres embarazadas e o posterior nacemento dos bebés.

Para mellorar a saúde das mulleres, é necesario contar cos investimentos que as Matronas merecen: máis profesionais, mellores condicións laborais e desenvolvemento profesional pleno.

As Matronas en postos de liderado garantirían a presenza das mulleres nas políticas sanitarias.

Facilitar a formación continua das Matronas favorecerá o acceso a servizos profesionais con garantías de seguridade e a mellora dos resultados en saúde materna.

Recoñecer e apoiar o labor das Matronas é unha vía para reducir a mortalidade materna e garantir o acceso a servizos de saúde sexual e reprodutiva universal.

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo