Buscar
Buscar

Día Internacional da Matrona (#IDM2025) “Matronas: Cruciais en toda crise”

05/05/2025

O Día Internacional da Matrona, celébrase o 5 de maio de cada ano. Foi declarado pola ONU co obxectivo de valorar e recoñecer o valor das matronas ou parteiras no momento de atender ás mulleres embarazadas e o posterior nacemento dos bebés.

Para mellorar a saúde das mulleres, é necesario contar cos investimentos que as Matronas merecen: máis profesionais, mellores condicións laborais e desenvolvemento profesional pleno.

As Matronas en postos de liderado garantirían a presenza das mulleres nas políticas sanitarias.

Facilitar a formación continua das Matronas favorecerá o acceso a servizos profesionais con garantías de seguridade e a mellora dos resultados en saúde materna.

Recoñecer e apoiar o labor das Matronas é unha vía para reducir a mortalidade materna e garantir o acceso a servizos de saúde sexual e reprodutiva universal.

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo