Buscar
Buscar

Xornada Interdisciplinar dos Colexios Sanitarios de Lugo : “Microhábitos saudables”

06/05/2025

O vindeiro 28 de maio o Colexio de Enfermaría de Lugo organiza a Xornada Formativa Interdisciplinar en colaboración cos Colexios sanitarios de Lugo (Veterinarios – Médicos – Farmaceúticos – Odontólogos) coa conferencia:

“MICROHÁBITOS SAUDABLES”

Ponente: Beatriz Crespo Ruiz 

E se o cambio non estivese en facer másis, se non en facelo maís doado

  • LUGAR: Salón de Actos Colexios Sanitarios de Lugo (Rúa Ramon y Cajal nº 2 – LUGO)
  • DATA: 28 de maio de 2025
  • HORA: 18:00 h
  • INSCRIPCIÓN gratuita ata completar aforo

CARTEL

Contaremos ca presenza de BEATRIZ CRESPO doutora en Medicina e Alto rendemento deportivo. Top 100 mulleres líderes de España e Top 100 líderes más disruptivos e innovadores, foi ademais considerada por Nova Talent en 2022, entre o 3% das mellores do mundo de menos de 35 anos, na categoría Healthcare & Lifestyle, entre outros reconocementos. 

Ofreceranos unha visión innovadora e accesible sobre como integrar o exercicio físico na vida diaria sen grandes esforzos nin rutinas imposibles. A través dos microhábitos -pequenas accións que non levan mais de dous minutos-, descubriremos como o cerebro pode converterse no noso mellor aliado para manternos activos.

XORNADA FORMATIVA INTERDISCIPLINAR DOS COLEXIOS SANITARIOS DE LUGO: Esta Xornada forma parte dun programa colaborativo de participación coa cidadanía e os distintos profesionais sanitarios. Cada Xornada está organizada por un Colexio profesional con colaboración cos cinco Colexios sanitarios de Lugo (Colexio de Enfermaría, Colexio de Medicina, Colexio de Farmacia, Colexio de  Odontoloxía e Colexio de Veterinaria).

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo