Buscar
Buscar

Blog/Noticias

28/05/2025

O Laboratorio de Riscos Psicosociais do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), organizan o cursos de Verán 2025:

Riscos psicosociais no traballo: avances científicos e enfoques aplicados

11,12 e 13 de xuño de 202025

  • Lugar: Ribadeo
  • Duración: 15 horas
  • Prazo matrícula: 15/05/2025 – 30/05/2025
  • Número de prazas: 50
  • Prezo único: 70€
  •  Límite de prazas con lista de espera
  • Taxa reducida: a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC, e PDI e PAS da USC: 40 €

O curso ofrece unha oportunidade para coñecer os últimos avances científicos no ámbito da psicosocioloxía aplicada e explorar solucións prácticas para a súa prevención e xestión en diferentes contornas laborais. Abordará a comprensión dos riscos psicosociais, as ferramentas para a súa avaliación, as estratexias de intervención e o papel das políticas públicas na súa mitigación, contribuíndo á creación de ambientes laborais máis saudables e sostibles.

MAÍS INFORMACIÓN

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
20/05/2025

Os gañadores do “Premios Muralla de Lugo 2025”, cuxo obxectivo é fomentar a investigación e a participación dos colexiados en actividades científicas relacionadas coa profesión enfermeira, son:

  • “IMAXE POPULAR DA ENFERMERÍA NUNHA BISBARRA LUCENSE: A terra chá”, co pseudónimo “TABOADA”.
  • “MELLORA DA CALIDADE DE VIDA MEDIANTE UN PROGRAMA DE REHABILITACIÓN CARDÍACA: Un estudo lonxitudinal de 4 tempos”, co pseudónimo “VIDA”.
  • “INSERCCION DA MULTICULTURALIDAD NO ÁMBITO SANITARIO. A Enfermería como axente integrador”, co pseudónimo “NEFERTITI”.

O premio entregarase na “Festa de Enfermería: Homenaxe á excelencia profesional” o próximo 23 de maio, é imprescindible a asistencia dalgún autor/a de os traballos premiados para recibir o premio.

“Estes Premios están subvencionados polo Consello Xeral de Enfermería dentro do programa de promoción da investigación enfermeira”

Ao aceptar o premio os gañadores declaran cumprir ao bases publicadas na páxina web do Colexio de Lugo, en caso contrario, deberán devolver o premio outorgado.

A cea terá lugar o 23 de maio no restaurante A Fortaleza, en Lugo, a partir das 20:30 horas.

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
19/05/2025
O Consello Xeral de Enfermaría e o Colexio de Enfermaría de Lugo ofrecémosvos o Webinar:
“Avances en fluidoterapia e acceso vascular”
  • Modalidade: Online síncrona
  • Fecha: 21 de maio de 2025
  • Hora: 16:00 a 16:00 horas
  • GRATUITO
Durante o webinar abordaranse temas tan interesantes para a profesión enfermeira como son os últimos avances en fluidoterapia, a complementariedade do acceso vascular ecoguiado e a ecografía na mellora do éxito das puncións vasculares, así como a necesidade de utilizar envases máis sostibles para reducir o impacto ambiental.
INTERVEÑEN
  • Actualizacións en fluidoterapia.

D. Rafael Uña Orejón.
→ Xefe de Sección de Anestesiología. Coordinador de quirófanos do Hospital Universitario La Paz, Carlos III e Cantoblanco (Madrid).

  • Acceso vascular e ecografía, un dúo imprescindible.

D.ª Begoña de Andrés Gimeno.
→ Directora de Enfermaría do Hospital Universitario Puerta de Hierro Majadahonda (Madrid).

D. Manuel Camos Ejarque.
→ Enfermero de UCI del Hospital Universitario Puerta de Hierro Majadahonda (Madrid).

  • Hacia o uso de envases máis sostibles, importancia da Declaración Ambiental de Producto.

D.ª Laura Velasco Ayuso.
→ Enfermeira. Product Manager de Laphysan.

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
14/05/2025

Publicada a a Resolución 452/38206/2025, do 8 de maio, publicouse a convocatoria do proceso selectivo para o ingreso como militar de carreira á Escala de Oficiais do Corpo Militar de Sanidade.

  • Especialidade de Enfermería (Diplomado ou graduado en Enfermería)

Prazas convocadas: 54

Prazo presentación de instancias 15 días hábiles (BOE do 13 de maio 2025)

VER BOE nº 115

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
12/05/2025

Tanto a Organización Mundial da Saúde como o Consello Internacional de Enfermeiras acordaron conmemorar, no mundo enteiro, o 12 e maio o Día Internacional da Enfermeira, coincidindo co nacemento de Florence Nightingale. Este ano ten como lema

“AS NOSAS ENFERMEIRAS. O NOSO FUTURO. Coidando das enfermeiras fortalecemos a economía”

O Colexio de Enfermería de Lugo, quere felicitar a todas as enfermeiras e enfermeiros que cada día traballades con esforzo, humanidade e dedicación para garantir a calidade, seguridade e excelencia en todos os coidados.

INFORME DIE 2025

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo