Buscar
Buscar

Blog/Noticias

04/07/2025
Publicada a Resolución da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, pola que se convoca concurso de mobilidade voluntaria interna do persoal fixo das categorías do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo. 
  • Enfermeira/o
  • Enfermeira/o especialista en enfermaría Obstétrico-xinecolóxica (matrón/a)
  • Enfermeira/o especialista en enfermaría Pediátrica.
  • Enfermeira/o especialista en enfermaría de Saúde Mental
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E INCLUSIÓN DE MÉRITOS
Prazo solicitudes e de inclusión de méritos: do 2 de xullo ao 31 de xullo de 2025(ambos inclusive).
Os méritos poderanse incluir na Oficina Virtual do Traballador (FIDES/Expedient-e) ata o último día de prazo de presentación de solicitudes.
REQUISITOS  PARA PODER PARTICIPAR
  • Ter acadado a condición de persoal fixo con destino definitivo no Complexo Hospitalario Universitario de Lugo na correspondente categoría, cando menos, o último día do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso de mobilidade.
  • Estar en situación de activo ou asimilada na correspondente categoría
  • Quen obtivese o seu posto de traballo actual no anterior proceso de traslados internos, non poderá participar neste novo procedemento de mobilidade interna se non transcorreu, como mínimo, un ano desde a resolución definitiva daquel.
Non poderán participar:
  • Persoal que ocupe unha praza ou posto en comisión de servizos, procedente doutro centro distinto do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo.
  • Persoal propio do centro que se encontre en comisión de servizos de carácter voluntario noutro centro distinto do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo.
  • Persoal en situación de reingreso provisional.
  • Persoal en promoción interna temporal na categoría promocionada, aínda que sí poderán participar na categoría de orixe. 
SOLICITUDES 
As solicitudes para participar axustaranse necesariamente ao formulario electrónico existente en (FIDES/ Expedient-e/ Sección de Procesos) e, tras a súa impresión en formato papel, será requisito imprescindible formalizar o rexistro administrativo mediante a súa presentación por duplicado, dentro do prazo correspondente, preferentemente no Rexistro do HULA.
Non se admitirán  as solicitudes que conteñan algunha emenda, marca ou riscadura no formulario de participación así como en calquera dos documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos de participación.
Pola súa vez, serán excluídas as persoas aspirantes que non cubran todos os apartados da instancia ou o fagan de xeito erróneo ou ambiguo, podendo dar lugar a diversas interpretacións.  
 
CÓMPUTO DE MÉRITOS
Os méritos valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, é dicir, ata o día 30 de xuño de 2025. 
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o mesmo órgano que ditou o acto ou ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación. 
 
Para calquera dúbida ou aclaración pode pasar polo Servizo de Planificación, Provisión e Condicións de Traballo  ou dirixirse a  Correo – hula.planificacion.traballo@sergas.es
  
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
04/07/2025
Publicada a Resolución do 19 de xuño de 2025 (DOG núm. 121, do 26 de xuño) da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización de listas de selección temporal das categorías: 
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría de saúde mental.
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo.
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria.
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrón/a).
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica.

Listas Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal vixente (DOG de 30/06/2016)

Contra  esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ver DOG nº 121

 

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
18/06/2025

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de enfermeira/o especialista, convocado polas resolucións do 15 de decembro de 2022.

  • Enfermeira/o especialista en enfermaría familiar e comunitaria.
  • Enfermeira/o especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/matrona).
  • Enfermeira/o especialista en enfermaría pediátrica.

As persoas aspirantes disporán do PRAZO DUN MES, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para incorporarse á praza adxudicada. Para estes efectos, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

Deberán realizar, con carácter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses, contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no DOG, as actividades formativas:

  • Nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero

VER DOG nº 114

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
18/06/2025

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos:

  • Enfermeira/o especialista en enfermaría do traballo.
  • Enfermeira/o especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/matrona).

As persoas aspirantes disporán do PRAZO DUN MES, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para incorporarse á praza adxudicada. Para estes efectos, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

Deberán realizar, con carácter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses, contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no DOG, as actividades formativas:

  • Nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero

VER DOG nº114

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
15/06/2025
Os días 13, 14 e 15 de xuño un fenómeno máxico apodérase de cada rincón da nosa cidade, transformándoa por completo, enchéndoa de personaxes ancestrais e dun pasado glorioso. Esta é a maxia do ARDE LUCUS, retroceder no tempo para gozar do noso legado cultural e histórico. Un ano mais as matronas participaremos coa actividade:

“A OBSTETRIX: a matrona dende Roma ata hoxe”

Esta iniciativa nace no ano 2014, nesta edición MMXXV mantemos un obxectivo claro de acercamento e sensabilización á cidadanía sobre a importancia e transcendencia histórica desta profesión ó longo de tódolos tempos.
Podes atoparnos na Praza Maior, fronte ó Círculo das Artes os días 13, 14 e 15 de xuño.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo