Buscar
Buscar

Convocatoria concurso de mobilidade voluntaria interna do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

04/07/2025
Publicada a Resolución da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, pola que se convoca concurso de mobilidade voluntaria interna do persoal fixo das categorías do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo. 
  • Enfermeira/o
  • Enfermeira/o especialista en enfermaría Obstétrico-xinecolóxica (matrón/a)
  • Enfermeira/o especialista en enfermaría Pediátrica.
  • Enfermeira/o especialista en enfermaría de Saúde Mental
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E INCLUSIÓN DE MÉRITOS
Prazo solicitudes e de inclusión de méritos: do 2 de xullo ao 31 de xullo de 2025(ambos inclusive).
Os méritos poderanse incluir na Oficina Virtual do Traballador (FIDES/Expedient-e) ata o último día de prazo de presentación de solicitudes.
REQUISITOS  PARA PODER PARTICIPAR
  • Ter acadado a condición de persoal fixo con destino definitivo no Complexo Hospitalario Universitario de Lugo na correspondente categoría, cando menos, o último día do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso de mobilidade.
  • Estar en situación de activo ou asimilada na correspondente categoría
  • Quen obtivese o seu posto de traballo actual no anterior proceso de traslados internos, non poderá participar neste novo procedemento de mobilidade interna se non transcorreu, como mínimo, un ano desde a resolución definitiva daquel.
Non poderán participar:
  • Persoal que ocupe unha praza ou posto en comisión de servizos, procedente doutro centro distinto do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo.
  • Persoal propio do centro que se encontre en comisión de servizos de carácter voluntario noutro centro distinto do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo.
  • Persoal en situación de reingreso provisional.
  • Persoal en promoción interna temporal na categoría promocionada, aínda que sí poderán participar na categoría de orixe. 
SOLICITUDES 
As solicitudes para participar axustaranse necesariamente ao formulario electrónico existente en (FIDES/ Expedient-e/ Sección de Procesos) e, tras a súa impresión en formato papel, será requisito imprescindible formalizar o rexistro administrativo mediante a súa presentación por duplicado, dentro do prazo correspondente, preferentemente no Rexistro do HULA.
Non se admitirán  as solicitudes que conteñan algunha emenda, marca ou riscadura no formulario de participación así como en calquera dos documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos de participación.
Pola súa vez, serán excluídas as persoas aspirantes que non cubran todos os apartados da instancia ou o fagan de xeito erróneo ou ambiguo, podendo dar lugar a diversas interpretacións.  
 
CÓMPUTO DE MÉRITOS
Os méritos valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, é dicir, ata o día 30 de xuño de 2025. 
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o mesmo órgano que ditou o acto ou ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación. 
 
Para calquera dúbida ou aclaración pode pasar polo Servizo de Planificación, Provisión e Condicións de Traballo  ou dirixirse a  Correo – hula.planificacion.traballo@sergas.es
  
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo