Publicada a Resolución do 8 de xullo de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG, Nº 20, do 29 de xaneiro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.
- DIA: 11 de Setembro de 2025
- HORA: 15:00 horas en chamamento único
- LUGAR: Aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, c/ Madrid, nº 2-4 (As Fontiñas)
As persoas aspirantes deberán ir provistas:
- DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribuna
- Bolígrafo de tinta azul.
Publicada a Resolución do 2 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca CONCURSO–OPOSICIÓN para o ingreso na categoría de ENFERMEIRA/O
- Nº PRAZAS: 1980
Acceso libre: 1361 – Promoción interna: 495 – Reserva discapacidade: 124
PRAZO DE PRESENTACIÓN: dende o 14 de xullo ata 5 de setembro de 2025
SOLICITUDES:
Cubrir unha única solicitude a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE) e que logo de formalizada electrónicamente deberán imprimir, asinar e presentar nunha unidade de validación. Poderán presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de SERGAS, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
TAXAS: 38,02€
MÉRITOS:
- Recollidos no anexo IV e valoraranse ata ao día anterior, incluido, ao da publicación desde convocatoria no DOG.
- Deberán estar debidamente rexistrados no sistema informático Fides/expedient-e, e acreditarse documentalmente na forma e prazo.
RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a nova relación de persoas aspirantes seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2022.
- Enfermeira/o especialista en saúde mental
PRAZO PRSENTACIÓN DOCUMENTACIÓN: As persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I desta resolución e que non presentaron a documentación no prazo establecido na Resolución do 26 de decembro de 2024, disporán do prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para presentar a documentación requirida.
Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base décimo primeira da Resolución da convocatoria deste proceso, do 15 de decembro de 2022.
RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de enfermeira/o especialista.
- Enfermaría familiar e comunitaria
- Enfermaría obstétrico-xinecolóxica
- Enfermaría pediátrica
- Enfermaría do traballo.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: ata o 5 de setembro de 2025
TAXAS: 38’02 €
SOLICITUDES: cubrir unha única solicitude a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE). Poderán presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de SERGAS, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Publicado o Decreto 52/2025, do 23 de xuño, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Sistema público de saúde de Galicia para o ano 2025.
Distribución por categorías/especialidades:
- Enfermeira/o – 1.162 prazas (81 reserva discapacidade xeral)
- Enfermeira/o especialista en medicina do traballo – 3 prazas
- Enfermeira/o especialista en enfermaría familiar e comunitaria – 40 prazas (3 reserva discapacidade xeral)
- Enfermeira/o especialista en enfermaría pediátrica – 10 prazas (1 reserva discapacidade xeral)
- Enfermeira/o especialista en Obstetricia-Xinecoloxía (Matron/a) – 55 prazas (4 reserva discapacidade xeral)
- Enfermeira/o especialista en Saúde Mental – 1 praza
OFERTA PERSOAL ESTATUTARIO 2025
Ver DOG nº 126