Buscar
Buscar

Publicación da data, a hora e lugar da realización do segundo exercicio no proceso selectivo

17/07/2025

Publicada a Resolución do 8 de xullo de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG, Nº 20, do 29 de xaneiro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

  • DIA: 11 de Setembro de 2025
  • HORA: 15:00 horas en chamamento único
  • LUGAR: Aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, c/ Madrid, nº 2-4 (As Fontiñas)

As persoas aspirantes deberán ir provistas:

  • DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribuna
  • Bolígrafo de tinta azul.

DOG nº 135

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo