Buscar
Buscar

Conferencia:”Alteracións metabólicas, factores xenéticos e medioambientais implicados na obesidade infantil”

11/10/2025

O vindeiro 23 de outubro de 2025 ás 18:30 h terá lugar na Facultade de Ciencias de Lugo a conferencia titulada:

“Alteracións metabólicas, factores xenéticos e medioambientais implicados no desenvolvemento da obesidade infantil. Estratexias para o seu tratamento”

A sesión será impartida polo Prof. Ángel Gil Hernández, catedrático e profesor emérito do Departamento de Bioquímica y Biología Molecular de la Universidad de Granada e presidente de honra da Fundación Iberoamericana de Nutrición (FINUT).

O Prof. Gil é unha das figuras máis destacadas a nivel internacional no ámbito da nutrición e da obesidade infantil. Conta con máis de 820 publicacións científicas18 patentes60 teses doutorais dirixidas e unha longa traxectoria en proxectos europeos e internacionais.

O seu Tratado de Nutrición é obra de referencia en todos os países de fala hispana. Entre outros recoñecementos, recibiu o Premio Gregorio Marañón da Real Academia de Gastronomía (2017) e o Premio ESPEN “Sir David Cuthbertson Lecture Award” (2021).

  • Data: 23 de outubro de 2025, ás 18:30 h
  • Lugar: Facultade de Ciencias de Lugo, Rúa Afonso X O Sabio, s/n, 27002 Lugo
  • Entrada libre ata completar capacidade

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo