Buscar
Buscar

Blog/Noticias

30/09/2019

ASPANANE ( Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual) da localidade de Viveiro (Lugo) invítate  ás III XORNADAS SOBRE SAÚDE MENTAL E DISCAPACIDADE INTELECTUAL

Os días 24, 25 e 26 de Outubro de 2019 no Salón de Actos do Hospital de Costa de Burela

Contarase co Psicólogo e Neuropsicólogo Clínico, o Doutor Javier Tirapu Ustárroz, no Relatorio: IMPLICACIÓNS, APORTACIÓNS E APLICACIÓNS DA NEUROPSICOLOXÍA NOS TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO.

Formación recoñecida de Interese Sanitario.

PROGRAMA

INSCRICIÓN

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo
30/09/2019

A Asociación de dano cerebral adquirido de Lugo (ADACE LUGO) organiza o “Obradoiros sobre o dano cerebral adquirido: guía de familias” que realizaremos o día 24 de Outubro de 16:30 a 19:30 na aula 304 do Hospital Lucus Augusti (HULA) en Lugo.

Este obradoiro está dirixido a tódas las persoas que lles interese información sobre o dano cerebral.

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo
27/09/2019
Publicación  no DOGA de 27 de setembro (RESOLUCIÓN 16 de setembro de 2019), pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario.
As listas coas puntuacións e, de ser o caso, os destinos definitivos asignados en cada unha das categorías, atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
As listas coas puntuacións e, de ser o caso, os destinos definitivos asigna-dos en cada unha das categorías, atópanse publicadas, á disposición das persoas intere-sadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Por necesidades organizativas e co obxecto de preservar o normal funcionamento das institucións sanitarias no proceso de incorporación dos/das profesionais como consecuencia da resolución deste proceso, os/as profesionais que estean a prestar os seus servizos no Sistema Público de Saúde de Galicia cesarán o primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do novo destino obtido debe efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde, no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempe-ñada corresponde a outro servizo de saúde.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo
27/09/2019

Informamos que no DOG  de fecha 26 de setembro,  publicase a RESOLUCIÓN da Direccción  Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, as/os aspirantes admitidas/os e excluidas/os, así como exentas/os do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de enfermeira/o especialista.

As persoas aspirantes excluidas e as declaradas no exentas da realización do exercicio de galego, dispodrán  un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día siguinte a publicación.

Ver Publicación

Ver listados

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo
24/09/2019
Como xa saberás, polas comunicacións realizadas en anteriores meses, a principios deste ano iniciamos ante o departamento competente da Xunta de Galicia o procedemento para a validación e posterior publicación da reforma estatutaria aprobada na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o pasado 28 de marzo de 2019, trasladando ao devandito departamento toda a documentación que nos foi requirida.
Aínda que inicialmente estimabamos que o procedemento tramitaríase en aproximadamente un par de meses, podendo, a continuación, convocar eleccións conforme ao novo texto estatutario, desafortunadamente a Xunta de Galicia demorouse máis do previsto, habendo requirido ao Colexio, o pasado 19 de setembro, para achegar no prazo de 15 días, un novo documento, que non foi solicitado en inicio e que, conforme ao actual criterio da súa asesoría xurídica, é imprescindible para a validación da reforma dos Estatutos. O documento en cuestión, é un certificado colexial no que debe constar que a reforma xa aprobada no seu día, coas correccións efectuadas a posteriori na mesma por petición expresa da Consellería de Sanidade e do Consello Xeral de Enfermería, foi ratificada polos colexiados en Asemblea Xeral.
A pesar que inicialmente a propia Xunta de Galicia notificou por escrito que non era necesario, o Colexio vese obrigado a convocar, con carácter urxente, esta nova Asemblea Xeral de carácter extraordinario, para os efectos indicados, que se celebrará, na sede colexial, o próximo 9 de outubro de 2019, ás 20 horas, en primeira convocatoria, e ás 20:30 horas, en segunda. Esperamos poder contar coa túa asistencia e participámosche que, tras a validación definitiva e publicación dos estatutos, procederase a convocar, inmediatamente, o proceso electoral colexial pendente.
Conforme ao previsto nos Estatutos do COE de Lugo, o pleno da Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 23 de setembro de 2019, acordou convocar una Xunta Xeral Extraordinaria o 9 de outubro de 2019, ás 20 horas en primeira convocatoria e 20:30 horas en segunda, a celebrar na sede central do Colexio, coa seguinte orde do día:
1. Aprobación da reforma dos Estatutos do Colexio de Enfermería de Lugo tras as alegacións feitas pola Consellería de sanidade e polo Consello Xeral de Enfermería.

2. Rogos e preguntas.

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO 23 de setembro de 2019

ESTATUTOS COLEXIO

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo