Buscar
Buscar

Blog/Noticias

27/09/2019
Publicación  no DOGA de 27 de setembro (RESOLUCIÓN 16 de setembro de 2019), pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario.
As listas coas puntuacións e, de ser o caso, os destinos definitivos asignados en cada unha das categorías, atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
As listas coas puntuacións e, de ser o caso, os destinos definitivos asigna-dos en cada unha das categorías, atópanse publicadas, á disposición das persoas intere-sadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Por necesidades organizativas e co obxecto de preservar o normal funcionamento das institucións sanitarias no proceso de incorporación dos/das profesionais como consecuencia da resolución deste proceso, os/as profesionais que estean a prestar os seus servizos no Sistema Público de Saúde de Galicia cesarán o primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do novo destino obtido debe efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde, no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempe-ñada corresponde a outro servizo de saúde.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo
27/09/2019

Informamos que no DOG  de fecha 26 de setembro,  publicase a RESOLUCIÓN da Direccción  Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, as/os aspirantes admitidas/os e excluidas/os, así como exentas/os do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de enfermeira/o especialista.

As persoas aspirantes excluidas e as declaradas no exentas da realización do exercicio de galego, dispodrán  un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día siguinte a publicación.

Ver Publicación

Ver listados

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo
24/09/2019
Como xa saberás, polas comunicacións realizadas en anteriores meses, a principios deste ano iniciamos ante o departamento competente da Xunta de Galicia o procedemento para a validación e posterior publicación da reforma estatutaria aprobada na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o pasado 28 de marzo de 2019, trasladando ao devandito departamento toda a documentación que nos foi requirida.
Aínda que inicialmente estimabamos que o procedemento tramitaríase en aproximadamente un par de meses, podendo, a continuación, convocar eleccións conforme ao novo texto estatutario, desafortunadamente a Xunta de Galicia demorouse máis do previsto, habendo requirido ao Colexio, o pasado 19 de setembro, para achegar no prazo de 15 días, un novo documento, que non foi solicitado en inicio e que, conforme ao actual criterio da súa asesoría xurídica, é imprescindible para a validación da reforma dos Estatutos. O documento en cuestión, é un certificado colexial no que debe constar que a reforma xa aprobada no seu día, coas correccións efectuadas a posteriori na mesma por petición expresa da Consellería de Sanidade e do Consello Xeral de Enfermería, foi ratificada polos colexiados en Asemblea Xeral.
A pesar que inicialmente a propia Xunta de Galicia notificou por escrito que non era necesario, o Colexio vese obrigado a convocar, con carácter urxente, esta nova Asemblea Xeral de carácter extraordinario, para os efectos indicados, que se celebrará, na sede colexial, o próximo 9 de outubro de 2019, ás 20 horas, en primeira convocatoria, e ás 20:30 horas, en segunda. Esperamos poder contar coa túa asistencia e participámosche que, tras a validación definitiva e publicación dos estatutos, procederase a convocar, inmediatamente, o proceso electoral colexial pendente.
Conforme ao previsto nos Estatutos do COE de Lugo, o pleno da Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 23 de setembro de 2019, acordou convocar una Xunta Xeral Extraordinaria o 9 de outubro de 2019, ás 20 horas en primeira convocatoria e 20:30 horas en segunda, a celebrar na sede central do Colexio, coa seguinte orde do día:
1. Aprobación da reforma dos Estatutos do Colexio de Enfermería de Lugo tras as alegacións feitas pola Consellería de sanidade e polo Consello Xeral de Enfermería.

2. Rogos e preguntas.

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO 23 de setembro de 2019

ESTATUTOS COLEXIO

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo
23/09/2019

El próximo viernes 27 de septiembre, en el Auditorio de “O Vello Cárcere” de Lugo,  tendrá lugar la charla-coloquio “Deporte en familia” con la que se dará comienzo a los “Viernes del deporte: de la A a la Z para un deporte sano” segundo bloque de actividades incluidas en el proyecto “Lugo con el deporte. Deporte con corazón”.

INSCRIPCIÓN GRATUITA: pincha aquí 

DESCARGA EL PROGRAMA

 

“DEPORTE EN FAMILIA”

Modera.- Aurora Moreno Ceide.- Gerente E-SCOLA PARTICIPAN :

  • Bernardino Pardo Teijeiro.- Médico de cabecera en el Consultorio de Nadela

Ponencia – “Os hábitos saudables, como a educación, escomenzamos a adquirilos na familia”

  • Mª del Carmen García Rodríguez.- Periodista

Ponencia – “El deporte, la familia, valores y educación. Mi experiencia familiar”

  • Tito Valledor.- Expiragüista internacional

Ponencia.- “La influencia de los padres en el deporte de los hijos” ¿Quieres asistir?

 

Todas las charlas de “Viernes del deporte” de la A a la Z por un deporte sano

  • 25 de OCTUBRE 2019: Deporte inclusivo
  • 29 de NOVIEMBRE 2019: El deporte no tiene edad
  • 24 de ENERO 2020: Nutrición
  • 28 de FEBRERO 2020: Mujer y deporte
  • 27 de MARZO 2020: Deporte y rehabilitación
  • 24 de ABRIL 2020: El deporte desde otros puntos de vista: El deporte en la empresa saludable Deporte y ocio Ejercicio y medio rural: Por el buen camino
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo
20/09/2019
Ferrol, 19 de setembro do 2019
Onte celebrouse no Teatro Jofre, en Ferrol, o solemne acto de investidura como Doutora Honoris Causa  pola Universidade da Coruña de  Dona Denise Gastaldo,enfermeira e profesora de enfermaría da Universidade de Toronto en “Bloomberg Faculty of Nursing” e en “Dalla Lana School of Public Health”.

A Dra. Gastaldo é investigadora no “Centre for Critical Qualitative Health Research”. A súa actividade centrase no estudo da saúde como un fenómeno social, afondando en cómo afecta a saúde o través de procesos sociais, políticos e económicos, explorando a migración e o xénero como determinantes sociais da saúde, tanto en Canadá como a nivel internacional.O acto foi presidido polo reitor, Julio Abalde, a nova claustral foi introducida la súa madriña, a profesora da Facultade de Enfermaría e Podoloxía e directora do Departamento de Ciencias da Saúde María Jesús Movilla Fernández.

É a sétima enfermeira nomeada doutora Honoris Causa por unha Universidade española, sendo unicamente unha profesora entre elas española: Dra Rosamaría Alberdi.
Asistiron numerosas autoridades académicas, civís e militares, entre elas o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, a vicerreitora do campus de Ferrol, Araceli Torres, a decana da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, Emma Rodríguez Maseda, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, a decana da Facultade de Enfermaría e Fisioterapia da Universitat de les Illes Balears, a directora da Escola de Enfermaría e Podoloxía da Universitat de Barcelona, a vicerreitora da Universitat de Lleida, a decana de Ciencias da Saúde  da Universitat de Vic, ademais de docentes da University of Trent de Canadá e da Universidade Federal de Pelotas do Brasil, o presidente da Academia de Enfermaría de Galicia, os presidentes dos Colexios de Enfermaría de Lugo e Coruña, o director de Enfermaría de Ferrol, etc, xunto con unha nutrida asistencia de profesorado togado e alumnado da universidade coruñesa.
Excelentes discursos, recomendamos a súa lectura
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo