O DOG do 7 de xullo de 2026 publicou a RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Recursos Humanos, na que se modifican as bases do procedemento de concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario do Sistema Público de Saúde de Galicia.
Detalles do Procedemento de Concurso de Traslados:
- Prazo de inscrición: Ata o 15 de febreiro
- Publicación da oferta de prazas: Durante o primeiro cuadrimestre do ano
- Cómputo de prazas: Computaranse as prazas existentes a 31 de decembro do ano anterior
- Valoración de méritos: ata o 15 de xaneiro, que deberán estar rexistrados en Fides/expedient-e antes do 15 de febreiro do ano correspondente.
O previsto nesta resolución aplicarase ao ciclo de adxudicación do ano 2027 e aos ciclos sucesivos.
Os días 19, 20 e 21 de xuño, Lugo transforma as súas rúas para mergullarnos no esplendor da época romana co Arde Lucus 2026, unha das celebracións máis esperadas do ano. O evento, que cada ano atrae milleiros de visitantes, é unha oportunidade única para revivir o noso rico patrimonio histórico e cultural.
Un ano máis, o Ilustre Colexio de Enfermería de Lugo únese a esta festa coa súa emblemática actividade:
“A OBSTETRIX: A Matrona dende Roma ata Hoxe”
Desde que foi creada no ano 2014, esta iniciativa busca destacar a importancia histórica e social da figura da matrona, un dos oficios máis antigos e transcendentes da humanidade. O termo “Obstetrix”, que significa “a que está diante”, naceu na antiga Roma para designar ás mulleres que asistían os partos, e representa a orixe da obstetricia moderna.
Nesta edición, as matronas de Lugo recrearán a maxia dun parto na Antiga Roma, amosando elementos históricos como unha réplica dunha cadeira de parto da época, así como o uso de plantas aromáticas que xa daquela se utilizaban para coidar ás nais e aos bebés. Ademais, a actividade servirá para poñer en valor o papel actual das matronas, non só no acompañamento durante o embarazo e o parto, senón tamén na prevención do cancro xinecolóxico e no coidado da saúde da muller en todas as etapas da súa vida, incluída a menopausa.
Onde atoparnos?
Poderás visitar o espazo de “A OBSTETRIX: A Matrona dende Roma ata Hoxe” na Praza Maior, fronte ao Círculo das Artes, durante os tres días do evento. Alí, ademais de aprender sobre a historia desta profesión, mergullaraste na vida de Lucus Augusti, unha das principais urbes da Gallaecia romana, e gozarás dun pasado que cobra vida coma nunca antes.
Ver máis sobre “A OBSTETRIX: A Matrona dende Roma ata Hoxe”.
Publicado no BOP do 12.06.2026, as bases de selección para a cobertura de postos de carácter temporal para prestar servizos na categoría de ENFERMEIRA/O nos Centros de Atención a Maiores dependentes ou vinculados coa Deputación de Lugo.
Centros en funcionamento, nos concellos de Trabada, Ribadeo, Pol, Castroverde, Meira, Fonsagrada, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil. Con proxeccións de apertura en outros lugares tales como Pobra do Brollón, Pontenova, Guitiriz, etc.
Prazo de solicitudes: do 13 ao 22 de xuño de 2026
Os Centros de Atención a Maiores son equipamentos públicos destinados á atención de persoas maiores que se topen nunha situación de necesidade sociosanaitaria ou de illamento social (o que na práctica se traduce que conviven persoas con dependencia e outras con autonomía para a execución das actividades básicas da vida diaria). Están situados en contornas nas capitalidades dos concellos nomeados e albergan unha media de 30 prazas ou persoas usuarias por cada centro que na maioría dos concellos son veciñas e veciños destes concellos.
CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS
DESCARGA O MODELO DE SOLICITUDE
A Academia de Enfermaría de Galicia convoca as bases da:
I EDICIÓN DOS PREMIOS DE INVESTIGACIÓN EN ENFERMARÍA 2026
Esta primeira convocatoria nace co firme obxectivo de estimular a produción científica de calidade, recoñecer traballos de investigación orixinais e inéditos, e contribuír de xeito ao desenvolvemento disciplinar e á excelencia da enfermaría na nosa comunidade.
PRAZO PRESENTACIÓN: aberto ata o 15 de novembro de 2026 ás 23:59 horas.
- DESTINATARIOS: enfermeiras/os que desempeñen a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
- DOTACIÓN ECONÓMICA: un total de 4.000€ en premios. Distribuídos nun primeiro premio de 3.000€ e segundo premio de 1.000€.
- REQUISITOS DOS TRABALLOS: deben ser investigacións orixinais, inéditas e de excelente calidade científica, con relevancia para a disciplina enfermeira e impacto na práctica clínica ou na saúde comunitaria.
- CANLE ENVÍO: os traballos remitiranse por correo electrónico ao enderezo: secretaria@academiaenfermariagalicia.org
Ver BASES
