Publicada la resolución de 21 de enero de 2020, de la Subsecretaría, por la que se convocan pruebas selectivas para ingreso, por el sistema general de acceso libre, en el Cuerpo de Enfermeros de Instituciones Penitenciarias.
- Convocatoria: 97 plazas del Cuerpo de Enfermeros de Instituciones Penitenciarias, subgrupo A2 (código 0911) por el sistema general de acceso libre.
- Plazo: 20 días hábiles a partir del día siguiente al de la fecha de publicación de esta convocatoria en el BOE publicado el 4 de febrero de 2020.
- Solicitudes: modelo 790, de acceso, a través de la página web www.administracion.gob.es o de los registros electrónicos para la tramitación de las inscripciones de los candidatos en los procesos selectivos que se establezcan.
O Grupo Político En Marea, integrado no Grupo Parlamentario Mixto, a través da súa deputada Mariló Candedo, presenta no Parlamento de Galicia a Proposición Non de Lei para o Recoñocemento e Regulación da Figura da Enfermeira Escolar en Galicia.
Colectivos sanitarios, de educación e asociacións de nais e pais recolleron un total de 32.210 sinaturas para que os centros educativos conten cun enfermeiro/a escolar. O cal demostra que a cidadanía galega respaldou ampliamenta debandita Proposición.
O obxectivo é que as escolas teñan no seu cadro de persoal titulados en Enfermería que se encarguen de xeito específico de atende-los nenos con algunha enfermidade crónica, caso da Diabetes Mellitus tipo 1, epilepsia, asma, autismo ou hiperactividade.
A Proposición Non de Lei conta cos apoios de varios colectivos e asociacións autonómicas: Federación Galega de Diabetes, Unión Galega de Epilepsia, Federación Autismo Galicia, Asociación de Déficit de Atención Hiperactividade e Necesidades específicas de apoio educativo, Asociación Bicos de Papel,Asociacións de Nais e Pais (CONGAPA e CONFAPA), Colexio de Enfermería de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, Escolas Católicas, ANPE Sindicato Independente de Galicia, SNEP Sindicato Nacional de Ensino Privado de Galicia, SATSE. A nivel Estatal conta co apoio da Asociación Madrileña de La Enfermería de Centros Educativos (AMECE), creada no 2009 e que recentemente ampliou o seu alcance ó territorio nacional para defender a necesidade da devandita figura.
A Enfermeira Escolar é unha necesidade real da nosa sociedade, é un dereito dos nenos, non un privilexio.
O actual contexto social e lexislativo xustifica a súa implantación nos centros de Galicia como un servizo que debe estar regulado e normalizado no ámbito escolar. Tal e como se explica na PNL, en Galicia enfermidades coma a Diabetes Mellitus tipo 1 presenta unha incidencia de 17,2 casos/100.000/ano, ao longo de 10 anos diagnosticáronse 559 novos casos de DM tipo 1 en menores de 15 anos, dos cales 330 eran menores de 10 anos. Con respecto ao asma, no 2011 determinouse que a incidencia en nenos de 6-7 anos é do 13,6% e entre adolescentes de 13-14 anos do 12,2%.
Tamén existen outros trastornos que derivan en condutas de risco como é o caso do Autismo ou o Déficit de Atención e Hiperactividade, que afecta ao 5-7% dos nenos en idade escolar, que precisan de actuacións individualizadas, multidisciplinais e ben coordinadas. Amais, no horario escolar, prodúcense situacións de urxencia asistencial derivadas de accidentes que poden ser potencialmente resoltos por un enfermeiro/a escolar.
As tarefas a desenvolver por un enfermeiro/a escolar non son só unicamente asistenciais ante as alteracións da saúde agudas ou crónicas, senón que tamén realiza labores de Educación Sanitaria, promovendo hábitos saudables na alimentación, actividade física e educación sexual; sen perder de vista que a obesidade infantil sitúase preto do 40% en España, sendo un coñecido factor de risco da saúde cardiovascular.
Ademais, as experiencias da implantación do enfermeiro/a escolar demostran que a relación custo-efectividade é beneficioso en termos de produtividade laboral para os profesores e para os pais, amais de contribuír a reducir o absentismo escolar e mellora-la conciliación familiar.
Xa existe noutras Comunidades Autónomas
A Enfermeira Escolar é un perfil profesional necesario e recoñecido en múltiples países dentro da UE (Francia, Suecia, Inglaterra) e fóra dela, coma en EEUU. A nivel estatal non existe unha regulación uniforme desta figura, observándose unha clara desigualdade entre as diferentes Comunidades: Madrid, Valencia, Estremadura, Murcia e Castela e León contan con enfermeiros nas súas escolas; outras como Andalucía, Canarias xa recoñecen esta figura e están traballando no seu desenvolvemento; mentres que noutras como Galicia non existe.
Os nenos galegos deben contar cos mesmos dereitos e non verse en situacións de clara vulnerabilidade, coma por exemplo menores con DM tipo 1 que non poden te-la seguridade de poder facerse os necesarios controis de glucemia e administración de insulina, rapaces con asma, epilepsia ou alérxicos aos que non se lles sabe dar resposta efectiva ante calquera crise na escola. Os profesores deben sentirse apoiados non sobrecargados, pretendemos evitar situacións de estrés nas aulas que non permitan a correcta integración dos nenos con circunstancias especiais da súa saúde.
Queremos unha educación de calidade que priorice a prevención e o tratamento da saúde e a igualdade con outras Comunidades Autónomas e países do nosa contorna.
A Academia de Enfermería de Galicia celebrou, en Santiago de Compostela, no salón de actos da Consellería de Sanidade, a Sesión Solemne de Apertura do Curso Académico 2020.
A mesa presidencial estivo composta por: D. Isidoro Rodríguez Pérez, presidente da Academia de Enfermería de Galicia; D. Alberto Fuentes Losada, Secretario Técnico Xeral da Consellería de Sanidade; D. Ángel Alfredo Martínez Ques, Secretario Xeral da Academia de Enfermería de Galicia; Dna. Mercedes González Peteiro, Vicepresidenta da Academia de Enfermería de Galicia; Dna. Lourdes Bermello López, Tesoureira da Academia de Enfermería de Galicia e D. José María Rumbo Prieto, Bibliotecario da Academia de Enfermería de Galicia.
Asistiron autoridades institucionais e académicas, entre as que se atopaban o Reitor da Universidade da Coruña D. Julio Abalde, a Vicerreitora do Campus Ferrol e de Responsabilidade Social Dna. Mª Jesús Movilla, o Vicerreitor de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela, D. Vicente Pérez, Decanos e directores de Facultade e Escolas de Enfermería de Galicia, a Xefa de Servizo de Integración Asistencial, Dna. Blanca Cima de Vila; autoridades sanitarias, Xerente da Área Sanitaria de Vigo, D. Julio García Comesaña, a Directora de Enfermería do Hospital Clínico Universitario de Santiago, Dna. Vitoria Carral , a Directora de Enfermería da Área Sanitaria de Vigo, Dna. Mar de la Peña, o Director de Enfermería do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, D. Enrique González Rodríguez e a Sra. Olga López Racamonde Concelleira de benestar, inclusión e persoas maiores na cidade de Lugo.
No discurso de apertura, o Presidente da Academia salientou a importancia da visibilidade da enfermería e os desafíos futuros da Academia. O Secretario da Academia leu o informe de actividades do ano anterior e o programa de actividades planificadas para 2020.
No mesmo acto foi nomeada académica de honra Dna. Rosa Mª González Gutiérrez-Solana, que pronunciou a conferencia: ” Entendámonos ao falar de coidados”, onde salientou a importancia das linguaxes enfermeiros estandarizados e a súa incorporación á historia clínica electrónica do paciente, dando visibilidade tanxible ao coidado enfermeiro . Dna Rosa Mª posúe un amplío curriculum no ámbito asistencial, docente e investigador; foi a responsable da implantación e seguimento dos planes de coidades de Enfermería como requisito imprescindible para a historia clínica electrónica, sendo pioneira en España. Presidenta de AENTDE, dende o ano 2004 ata o ano 2010.
Premiada na conferencia NANDA celebrada en novembro de 2008 en Miami, como recoñecemento as apartacións realizadas no desenrolo e implementación dos diagnósticos enfermeiros NANDA en España.
El COE te invita a la Mesa Coloquio GRATUITA de Bioética sobre la:
“Deliberación sobre muerte medicamente asistida”
- José Antonio Seoane Rodríguez (Doctor en Derecho. Experto en Bioética sanitaria)
- Juan Antonio Garrido Sanjuan (Médico Especialista en Medicina Interna. Experto en Bioética sanitaria)
Os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro no auditorio do Vello Cárcere de Lugo terá lugar a:
I Xornadas de traballo: atención sociosanitaria ás persoas maiores do Concello de Lugo
Organiza: Concellería de Benestar Social, Igualdade e Persoas Maiores
Trátase dun relevante encontro no que se darán cita destacados profesionais de todos os ámbitos relacionados coa importante tarefa de coidar e velar pola saúde e a calidade de vida das persoas maiores, co que dende o Concello queremos poñer de manifesto o noso compromiso na consecución dun futuro á vangarda das políticas públicas coa solidariedade e o benestar interxeracional como marca de identidade.
O obxectivo, é o de avaliar, dende múltiples perspectivas, o funcionamento actual dos mecanismos e recursos empregados neste labor na procura de melloralos e acadar unha boa coordinación dos mesmos para facer máis efectivos os resultados, dando resposta ás necesidades e demandas que hoxe en día esixe a sociedade.
