
Os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro no auditorio do Vello Cárcere de Lugo terá lugar a:
I Xornadas de traballo: atención sociosanitaria ás persoas maiores do Concello de Lugo
Organiza: Concellería de Benestar Social, Igualdade e Persoas Maiores
Trátase dun relevante encontro no que se darán cita destacados profesionais de todos os ámbitos relacionados coa importante tarefa de coidar e velar pola saúde e a calidade de vida das persoas maiores, co que dende o Concello queremos poñer de manifesto o noso compromiso na consecución dun futuro á vangarda das políticas públicas coa solidariedade e o benestar interxeracional como marca de identidade.
O obxectivo, é o de avaliar, dende múltiples perspectivas, o funcionamento actual dos mecanismos e recursos empregados neste labor na procura de melloralos e acadar unha boa coordinación dos mesmos para facer máis efectivos os resultados, dando resposta ás necesidades e demandas que hoxe en día esixe a sociedade.