Buscar
Buscar

Academia de Enfermería de Galicia: Apertura curso 2020. Académica de honra a Dna. Rosa Mª González

31/01/2020

A Academia de Enfermería de Galicia celebrou, en Santiago de Compostela, no salón de actos da Consellería de Sanidade, a Sesión Solemne de Apertura do Curso Académico 2020.

A mesa presidencial estivo composta por: D. Isidoro Rodríguez Pérez, presidente da Academia de Enfermería de Galicia; D. Alberto Fuentes Losada, Secretario Técnico Xeral da Consellería de Sanidade; D. Ángel Alfredo Martínez  Ques, Secretario Xeral da Academia de Enfermería de Galicia; Dna. Mercedes González Peteiro, Vicepresidenta da Academia de Enfermería de Galicia; Dna. Lourdes Bermello López, Tesoureira da Academia de Enfermería de Galicia e D. José María Rumbo Prieto, Bibliotecario da Academia de Enfermería de Galicia.

Asistiron autoridades institucionais e académicas, entre as que se atopaban o Reitor da Universidade da Coruña D. Julio Abalde, a Vicerreitora do Campus Ferrol e de Responsabilidade Social Dna. Mª Jesús Movilla, o Vicerreitor de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela, D. Vicente Pérez, Decanos e directores de Facultade e Escolas de Enfermería  de Galicia, a Xefa de Servizo de Integración Asistencial, Dna. Blanca Cima de Vila; autoridades sanitarias, Xerente da Área Sanitaria de Vigo, D. Julio García  Comesaña, a Directora de Enfermería do Hospital Clínico Universitario de Santiago, Dna. Vitoria Carral , a Directora de Enfermería da Área Sanitaria de Vigo, Dna. Mar de la Peña, o Director de Enfermería do  Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, D. Enrique González Rodríguez e a Sra. Olga López Racamonde Concelleira de benestar, inclusión e persoas maiores na cidade de Lugo.

No discurso de apertura, o Presidente da Academia salientou a importancia da visibilidade da enfermería e os desafíos futuros da Academia. O Secretario da Academia leu o informe de actividades do ano anterior e o programa de actividades planificadas para 2020.

No mesmo acto foi nomeada académica de honra Dna.  Rosa Mª González Gutiérrez-Solana, que pronunciou a conferencia: ” Entendámonos ao falar de coidados”, onde salientou a importancia das linguaxes enfermeiros estandarizados e a súa incorporación á historia clínica electrónica do paciente, dando visibilidade tanxible ao coidado enfermeiro . Dna Rosa Mª posúe un amplío curriculum no ámbito asistencial, docente e investigador; foi a responsable  da implantación e seguimento dos planes de coidades de Enfermería como requisito imprescindible para a historia clínica electrónica, sendo pioneira en España. Presidenta de AENTDE, dende o ano 2004 ata o ano 2010.

Premiada na conferencia NANDA celebrada en novembro de 2008 en Miami, como recoñecemento as apartacións realizadas no desenrolo e implementación dos diagnósticos enfermeiros NANDA en España.

                   

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo